InicioVigo e contornaVigoDenuncian que estase poñendo en perigo a vida de doentes no traslado...

Denuncian que estase poñendo en perigo a vida de doentes no traslado de enfermos do Cunqueiro ao Meixoeiro

Fontes sindicais sinalan que se a empresa concesionaria non toma medidas de xeito inmediato, denunciarán os feitos ás autoridades sanitarias e laborais.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Sergas comezou o traslado de pacientes ao hospital do Meixoeiro para liberar camas no Álvaro Cunqueiro, e aumentar a capacidade de hospitalización deste centro con respecto a posibles afectados por coronavirus (COVID-19).

Así anunciuono a Xunta o pasado venres 27 de marzo, pero fontes sindicais denuncian que ese traslado estase facendo pondo en perigo a saúde dos enfermos trasladados e dos propios traballadores sanitarios.

Por iso, denuncian o protocolo para a realización destes traslados sen cumprir as medidas de distanciamento, sen material de desinfección para as ambulancias, sen material de protección e baixo ameazas das empresas privadas concesionarias aos traballadores sanitarios.

Sen distancia de seguridade

“Os traslados de pacientes de alto risco estanse realizando en ambulancias con catro e cinco persoas en cada viaxe.” denuncian dende os sindicatos. Unha medida que incumpre de base o propio decreto aprobado polo goberno para o transporte público (as ambulancias son transporte público) que obriga a que só poidan ir unha persoa por cada fila de asentos, para manter distancia entre os ocupantes. O que debería traducirse en non máis de tres doentes por servizo para garantir as distancias de seguridade.

A maiores destes traslados, habería que incluír ao transporte extrahospitalario das persoas que acoden de xeito programado tratamentos de diálise con ambulancias totalmente cheas, incumprindo tamén o decreto lei. Persoas que logo retornan aos seus domicilios para continuar co confinamento podendo estar xa contaxiadas.

Ambulancias sen desinfectar

Deterxente bactericida co que están desifectando as ambulancias

O persoal non conta con material para desinfectar as ambulancias. O único produto co que contan agora mesmo, e que foi doado por particulares, é un produto bactericida para uso agro-alimentario e veterinario. “non é un producto biocida nin virucida polo que non serve para desinfectar a ambulancia no caso de que esteamos transportando persoas contaxiadas con coronavirus. “

“De pouco vale que se confine a persoas e que se pida non sair da casa si as propias ambulancias son un foco de contaxios”

Baixo ameazas e con 5 traballadores en corentena

O transporte extrahospitalario estase realizando en condicións de presión para os traballadores e con ameazas por parte dos xefes de servizos aos traballadores que non queiran realizar o transporte de pacientes por non contar con material de seguridade (EPI), o que suporía de facto o incumprimento da propia Lei de Prevención de Riscos Laborais que recolle que o traballador terá dereito a interromper a súa actividade cando considere que entraña un risco grave e inminente para a súa vida ou a súa saúde.

Os Equipos de Protección Individual coñecidos como EPI, chegaron o pasado martes, en parte doados por particulares, pero só se estan a utilizar para o transporte en ambulancias de illamento.

O resto de transportes realízanse sen protección para o persoal sanitario e os doentes; sen desinfectar eficazmente as ambulancias, e con máis carga de persoas do permitido, o que xa se traduciu en cinco traballadores de baixa con sintomatoloxía e á espera de realizar as probas por coronavirus que confirme ou descarte o contaxio.

Fontes sindicais sinalan que se a empresa concesionaria non toma medidas de xeito inmediato, denunciarán á inspección de traballo.

ÚLTIMAS

A Policía de Vigo mantén abertas todas as liñas de investigación polo incendio dun edificio en Cesáreo González

A Policía Nacional de Vigo investiga "con todas as liñas abertas" o incendio ocorrido...

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...