InicioSociedadeA Policía Local intervén nunha quincena de locais de Vigo para esixir...

A Policía Local intervén nunha quincena de locais de Vigo para esixir que pechen

"Moita xente tómao a broma", lamentan os axentes.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os corpos e forzas de seguridade tiveron que intervir en varios municipios da xeografía galega ao longo deste sábado para asegurar o peche de locais de lecer e evitar aglomeracións nos supermercados. Todo iso co obxectivo de cumprir coas directrices da emerxencia sanitaria decretada este venres pola Xunta ante a incidencia do novo coronavirus.

E é que, a pesar de que o Goberno galego decretou o peche durante 14 días de bares, restaurantes e cafetarías, así como de centros comerciais –salvo a venda de produtos alimenticios– desde a pasada medianoite, algúns establecementos puntuais decidiron abrir de novo esta mañá.

Este é o caso de Vigo, cidade na que a Policía Local tivo que acudir a unha quincena de locais para lembrar aos seus responsables que non poden abrir as súas portas. Aínda que “en principio está a avisarse”, sinalan fontes do corpo municipal, advírteselles de que incumprir reiteradamente as directrices da Xunta pode carrexar sancións. “Moita xente tómao de broma”, lamentan.

Á parte destes actos desobedientes, a emerxencia sanitaria e o inminente estado de alarma que decretará o Goberno a partir do luns, con restricións nos desprazamentos, provocou nos últimos días aglomeracións de cidadáns ao redor dos supermercados nos que, en ocasións, teñen que personarse as forzas da orde.

ÚLTIMAS

Dúas persoas trasladadas ao hospital tras un incendio nunha vivenda en Samil

Dúas persoas tiveron que ser evacuadas este luns a un centro hospitalario por inhalación...

O BNG denuncia “opacidade” no custo do desfile das Forzas Armadas e o peche das Travesas

O BNG de Vigo denuncia a "opacidade" do goberno local de Abel Caballero sobre...

Vigo recibe este martes a súa primeira tripla escala de cruceiros con máis de 7.500 turistas

O Porto de Vigo acollerá este martes, día 22 de abril, a súa primeira...

A Xunta e Vicus Gallaecia analizan os retos da mobilidade e urxen un calendario para o AVE Vigo-Porto

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou este luns nun encontro...