InicioEconomíaConcurso de ideas para renovar os espazos e inmobles fronte á concatedral

Concurso de ideas para renovar os espazos e inmobles fronte á concatedral

Abel Caballero aspira a que participen "arquitectos notables" para renovar a zona.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este martes a convocatoria dun concurso de ideas, no que aspira a que participen “arquitectos notables” para renovar os espazos e inmobles situados fronte á concatedral, no Casco Vello da cidade.

O rexedor confirmou a declaración, como “área prioritaria”, dos números 7, 8 e 9 da Praza da Igrexa, e anunciou que se iniciou o expediente expropiatorio (no caso de que non haxa acordo cos propietarios) para actuar, de modo conxunto, neses catro inmobles.

Caballero explicou que se convocará un concurso de ideas para facer esa reforma, que terá que executarse de acordo coas disposicións do Plan Especial do barrio histórico. Así, o máximo de edificabilidade permitida é de 580 metros cadrados, e prevese retranquear o conxunto, o que permitirá ampliar a praza.

Por outra banda, o rexedor tamén confirmou que se abriu o prazo de consulta pública para a nova ordenanza do taxi. A nova norma regulará, entre outras cuestións, o uso do taxi compartido (pensando especialmente nos veciños de zonas máis rurais), e reducirase o máximo de antiguedad dos vehículos a 10 anos.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...