InicioSociedadeO xuízo contra 13 extraballadores por coaccións ao seu xefe sáldase con...

O xuízo contra 13 extraballadores por coaccións ao seu xefe sáldase con multas

Dous dos acusados pagarán multas e indemnización, e outro acepta a pena de 3 meses de prisión, que queda suspendida.

PUBLICADO O

O xuízo previsto para este luns no Xulgado do Penal 3 de Vigo, contra 13 extraballadores da cafetaría do hospital Meixoeiro por supostas ameazas e coaccións ao seu xefe saldouse cun acordo de conformidade, e coa absolución de 10 dos procesados, mentres que outro tres foron condenados a penas menores.

A vista estaba sinalada para este luns, martes e mércores, despois de que fora suspendida en outubro pasado pola incomparecencia dun dos acusados, que se atopaba hospitalizado.

Finalmente, as partes chegaron a un acordo: un dos acusados aceptou pagar multas que suman 780 euros, así como unha indemnización de 185 euros, por un delito de coaccións, e dúas faltas de danos.

Un segundo acusado aceptou multas que suman 810 euros, polos delitos de coaccións e danos; e pagará unha indemnización de 810,70 euros; mentres que un terceiro aceptou 3 meses de prisión (a pena quedou suspendida). O resto de procesados foron absoltos.

FEITOS

Os feitos remóntanse a 2010, cando un empresario, administrador da mercantil Oh Vigo!, se fixo co contrato administrativo da cafetaría do Hospital Meixoeiro (porque a anterior empresa crebara) e subrogou os seus traballadores, aceptando as condicións laborais do último convenio, asinado en 2007.

O empresario sostiña que non podía cumprir as condicións económicas dese convenio e, por ese motivo, suscitouse un conflito laboral por falta de pagamento de salarios e despedimentos de traballadores. A partir dese momento, en 2010, e segundo a acusación particular, os acusados iniciaron unha serie de accións, “actos vandálicos” e medidas de “presión” coa finalidade de que o hostaleiro accedese ás súas peticións.

Por todo iso, reclamaba inicialmente 2 anos de cárcere para cada acusado por coaccións, outros 2 anos de prisión por ameazas, e unha multa de 3.600 euros polos danos causados ás instalacións (mobiliario, fechaduras, circuíto de cámaras de vixilancia…). Así mesmo, en concepto de responsabilidade civil, pedía indemnizacións que sumaban algo máis de 730.000 euros.

A Fiscalía limitaba a responsabilidade dos feitos a tres dos traballadores, aos que imputaba un delito de coaccións, un delito de danos e dúas faltas de danos.

Delegados da CIG concentráronse este luns ás portas dos xulgados de Vigo para mostrar o seu apoio aos traballadores procesados. Tras coñecerse o acordo, o sindicato nacionalista confirmou a suspensión das concentracións de protesta convocadas para martes e mércores con motivo deste xuízo.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...