InicioSociedadeOs familiares do paciente illado por coronavirus no Cunqueiro permanecen en observación...

Os familiares do paciente illado por coronavirus no Cunqueiro permanecen en observación domiciliaria

Tamén se dispuxo que máis dunha decena de profesionais do hospital queden nos seus domicilios.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Sergas determinou manter en observación domiciliaria a 14 familiares do paciente que permanece illado no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, pendente da análise de mostras que confirme se está contaxiado por coronavirus.

O home permanece illado despois de que as primeiras probas realizadas no hospital, que non foron concluíntes, arroxasen resultado positivo para coronavirus.

As mostras deste home, de entre 40 e 50 anos de idade, foron remitidas nas últimas horas ao Centro Nacional de Microbioloxía para a súa análise, e espérase coñecer o resultado á primeira hora da tarde deste xoves.

Mentres, seguindo os protocolos sanitarios previstos para estes casos, determinouse manter en observación domiciliaria e facer un seguimento da situación de 14 familiares, incluída a muller do paciente.

Así mesmo, informouse ao persoal do hospital vigués e dispúxose que máis dunha decena de profesionais queden nos seus domicilios, tamén en observación (entre médicos, enfermeiras e outros traballadores), tras estar en contacto co paciente agora illado.

A xerencia do Complexo Hospitalario Vigués convocou para este venres, ás 13,30 horas, unha reunión do Comité de Seguridade e Saúde Laboral.

ÚLTIMAS

Vigo rexeita o recurso de Ryanair e mantén a sanción por reducir voos

O Concello de Vigo confirmou o rexeitamento do recurso de reposición presentado pola aeroliña Ryanair contra a sanción imposta pola...

Caballero impulsa accións legais pola exclusión de Vigo como sede do Mundial 2030

O Concello de Vigo iniciou os trámites para estudar unha posible reclamación xurídica fronte...

195 millóns: o custe do novo contrato entre SERGAS e Povisa

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) e o Hospital Ribera Povisa de Vigo finalmente...