InicioEconomíaA "vulnerabilidade" das mulleres no mercado laboral de Vigo: paro e temporalidade

A “vulnerabilidade” das mulleres no mercado laboral de Vigo: paro e temporalidade

Hai 11.800 desempregadas, 300 máis que no último trimestre de 2018.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un estudo elaborado pola Secretaría da Muller do sindicato CC.OO. en Vigo confirma a “vulnerabilidade” da poboación feminina no mercado laboral na comarca: a taxa de ocupación é menor, os contratos de inferior calidade e padecen máis temporalidade que os homes.

Segundo este informe, con datos do último trimestre de 2019, na cidade olívica as mulleres representan algo máis do 54 por cento da poboación activa, pero a súa taxa de ocupación está en torno ao 45 por cento. As mulleres, ademais, soportan unha taxa de paro superior aos homes en Vigo, un 15,9 % fronte a un 11,6 %, e hai 11.800 desempregadas, 300 máis que no último trimestre de 2018.

Con respecto á comarca (incluíndo as zonas de Baixo Miño, A Paradanta, Morrazo, Pontecaldelas e Vilaboa), as mulleres afiliadas á Seguridade Social son o 48,13 por cento do total.

Nese ámbito, só un 7,45 por cento dos contratos asinados foron indefinidos e, deles, a maioría (case un 56 %) foron rubricados por homes. Se se teñen en conta os contratos indefinidos a tempo completo, só un 35 % foron asinados por mulleres.

Tamén hai diferenzas no tipo de xornada: case un 47 % da contratación formalizada con mulleres foi a tempo parcial, mentres que os contratos a xornada parcial dos homes foron o 23,17 %.

As mulleres tamén son maioría entre os inscritos nos Servizos Públicos de Emprego, e o paro feminino concéntrase no sector servizos, un 77,4 %. A maioría destas traballadoras pertencen á área de comercio, hostalaría, actividades administrativas e servizos auxiliares.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...