InicioPolíticaO PSOE ameaza con denunciar o acto de ingreso do reitor da...

O PSOE ameaza con denunciar o acto de ingreso do reitor da Universidade de Vigo na Academia Xacobea por ser “electoral”

Critica tamén que a Xunta dedique 60 millóns de euros á promoción do Xacobeo e "nin un só euro nin ao Nadal nin ás festas de Vigo".

PUBLICADO O

- Advertisement -

A agrupación socialista de Vigo anunciou este luns que, de non suspenderse, denunciará ante a xunta electoral o acto convocado polo PP “a través da Academia Xacobea”, no que se escenificará o ingreso do reitor da Universidade de Vigo nesta institución.

A través dun comunicado asinado polo secretario xeral do PSOE en Vigo, Abel Losada, o partido cualificou o acto deste martes, no paraninfo da Universidade (e ao que está prevista a asistencia do conselleiro Román Rodríguez), como un “acto partidario e electoral”, que se vai facer “con fondos de todos os galegos”, sobre un asunto “absolutamente alleo á cidade”.

Losada tamén critica que a Xunta dedique 60 millóns de euros á promoción do Xacobeo e “nin un só euro nin ao Nadal nin ás festas de Vigo”, e reclamou apoio económico do Goberno galego para a promoción turística da cidade olívica, “na mesma medida” en que se apoia o Ano Xacobeo.

“O PSOE esíxelle ao goberno galego que deixe de facer campaña electoral con fondos públicos, empezando por suspender o acto da Academia Xacobea previsto na Universidade (…). No caso de que o PP decida manter ese acto electoral, o PSOE denunciará este feito ante a xunta electoral”, finaliza o comunicado.

ÚLTIMAS

As familias do EEI Vila Laura saen á rúa para esixir á Xunta unha profesora de apoio

Nais e pais, docentes e alumnos do EEI Vila Laura de Vigo saíron este...

A Fiscalía pide ano e medio de prisión para un home acusado de acosar con insultos homófobos a un traballador en Vigo

Un home de 39 anos enfróntase a unha petición fiscal de ano e medio...

Condenan ao Concello de Vigo por incumprimentos en materia de riscos laborais e debe indemnizar a 4 funcionarios

O Tribunal de Instancia de Vigo, Sección Social, praza 3, condenou o Concello de...

Tres mergulladores denunciados en Vigo por capturar polbo de talla inferior e extraer case seis quilos de bivalvos

A Policía Local de Vigo denunciou nos últimos días a tres persoas por irregularidades...