InicioSociedadeO Módulo Tecnolóxico Industrial da UVigo terá réplica virtual

O Módulo Tecnolóxico Industrial da UVigo terá réplica virtual

O próximo outono, coincidindo coa celebración dunha nova edición do programa Divulgando Ciencia Singular, darase a coñecer a versión final deste 'xemelgo' dixital, o primeiro dun edificio da UVigo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O edificio coñecido como MTI, Módulo Tecnolóxico Industrial, da Universidade de Vigo, que é sede do Centro de Investigación en Tecnoloxías, Enerxía e Procesos Industriais (Cintecx) terá, antes de final de ano, unha réplica virtual que permitirá controlar en tempo real aspectos como a calidade do aire no interior do edificio, a temperatura, a humidade ou os niveis de dióxido de carbono.

O deseño deste ‘xemelgo’ dixital é a proposta gañadora do Desafío Cintecx 2020, un concurso de ideas financiado con 25.000 euros, e está coordinada polo investigador Enrique Granada, do Grupo de Tecnoloxías Enerxéticas.

O proxecto elaborará unha representación dixital de múltiples vistas do edificio, e centrarase no piso -1, onde están instaladas un gran número de infraestruturas empregadas polos grupos de investigación do Cintecx.

Na iniciativa tamén participará o grupo de investigación GeoTech (de xeotecnoloxías aplicadas), e contará con colaboración de entidades privadas, como as empresas Insitu, Soltec e Norlean, e de Ageinco.

O Grupo de Tecnoloxías Enerxéticas será o encargado de desenvolver e instalar catro dispositivos en diferentes puntos das paredes do MIT para ‘monitorear’ o ambiente; tamén se colocará un dispositivo móbil nun pequeno carriño cunha barra vertical duns 180 centímetros.

Mentres, o grupo GeoTech ocuparase de xerar os modelos xeométricos dixitais que soportarán todo o proceso de dixitalización do sistema. Para iso, empregaranse algunhas das últimas tecnoloxías dixitais, como os sensores ‘Lidar’.

A empresa Insitu, spin-off da UVigo, encargarase de montar o sistema de cámaras que vixiarán o movemento das persoas dentro do edificio; e Soltec e Norlean abordarán cuestións relacionadas coa eficiencia enerxética e as simulacións para navegar polo edificio virtual.

O próximo outono, coincidindo coa celebración dunha nova edición do programa Divulgando Ciencia Singular, darase a coñecer a versión final deste ‘xemelgo’ dixital, o primeiro dun edificio da UVigo.

ÚLTIMAS

A Policía de Vigo mantén abertas todas as liñas de investigación polo incendio dun edificio en Cesáreo González

A Policía Nacional de Vigo investiga "con todas as liñas abertas" o incendio ocorrido...

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...