InicioEconomíaSindicatos piden a Porto de Vigo que defenda manter a actividade en...

Sindicatos piden a Porto de Vigo que defenda manter a actividade en Vulcano

Os representantes sindicais valoraron a "receptividade" das organizacións e entidades empresariais, e lembraron que "había un compromiso non escrito" para manter a actividade industrial nesas instalacións.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O sindicato CC.OO., que preside o comité de empresa de Vulcano, iniciou este mércores unha rolda de contactos, na que tamén están a participar representantes de UGT e CIG, cos membros do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vigo, co fin de lograr un posicionamento maioritario a favor de manter a actividade de construción e reparación naval nas instalacións do estaleiro (en proceso de liquidación).

Así, nesta xornada mantiveron encontros con representantes da Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP), da Cámara de Comercio e da planta viguesa de PSA Peugeot Citroën. Este xoves está prevista unha reunión coa alcaldesa de Redondela, Digna Rivas.

Os representantes sindicais valoraron a “receptividade” das organizacións e entidades empresariais, e lembraron que “había un compromiso non escrito” para manter a actividade industrial nesas instalacións. Un compromiso asumido “por todos, menos por López Veiga”, segundo apuntou o responsable do Naval da CIG, César Rodríguez.

Segundo lembrou o responsable de Industria de CC.OO. Celso Rodríguez, os sindicatos reclaman ao presidente do Porto que retire o recurso interposto no proceso de liquidación de Vulcano, e que López Veiga xustificou porque, ao disolverse o estaleiro, a concesión sobre os espazos portuarios queda extinguida e retorna ao Porto.

Nese escenario, os sindicatos e algunhas organizacións empresariais, como Asime, recriminaron ao presidente da Autoridade Portuaria que poña “obstáculos” para manter alí a actividade naval, cun proxecto como o presentado polo grupo Vicalsa.

Ademais, tras criticar que o recurso do Porto se presentou de forma unilateral, sen contar coa opinión do Consello, os sindicatos reclamaron que se tratase o futuro das instalacións de Vulcano nunha reunión deste organismo. No entanto, na orde do día do próximo Consello, que se celebrará este venres, ese punto non figura.

EMPRESARIOS

Pola súa banda, cuestionado por estas reclamacións dos sindicatos, o presidente da Confederación de Empresarios, Jorge Cebreiros, sinalou que a organización empresarial ve necesario “priorizar” a construción e reparación naval nese espazo, “fronte a outras actividades”, aínda que avogou por esperar ao informe do Consello de Estado sobre a concesión dos terreos.

Mentres, o responsable da Cooperativa de Armadores (que tamén está no Consello de Administración), Javier Touza, matizou que calquera posicionamento desta entidade debe ser conforme á lei. “Nin o comité nin ninguén nos pode pedir que vulneremos a legalidade”, apuntou.

ÚLTIMAS

Petición de cárcere para os autores dun atraco armado a unha sucursal de Abanca

A Fiscalía pide penas de 5 anos e 4 anos e 8 meses de...

Rescatan a unha moza atrapada nunha discoteca de Vigo tras pechar o local

Unha moza quedou atrapada nunha discoteca de Vigo na madrugada do venres ao sábado...

Vigo reforza a súa política de aluguer con compra pública e un millón para o programa Vigo Aluga

O Concello de Vigo comprará vivendas baleiras no mercado para incorporalas ao parque público...

Incidente cun coitelo leva a un home ante a xustiza por ameazas graves a un policía

Un veciño de Vigo enfróntase a un ano e medio de prisión como presunto...