InicioSucesosDenuncian tres condutores de patinete elétrico que circulaban pola beirarrúa, un deles...

Denuncian tres condutores de patinete elétrico que circulaban pola beirarrúa, un deles reincidente

.egundo informaron fontes policiais, a primeira denuncia formulouse pasada a medianoite do martes, cando unha dotación do 092 sorprendeu ao condutor dun patinete eléctrico, un mozo de 17 anos de idade, circulando pola beirarrúa da rúa Urzáiz.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Vigo denunciaron nas últimas horas a tres usuarios de patinetes eléctricos, un deles reincidente, por circular pola beirarrúa e cometer outras infraccións.

Segundo informaron fontes policiais, a primeira denuncia formulouse pasada a medianoite do martes, cando unha dotación do 092 sorprendeu ao condutor dun patinete eléctrico, un mozo de 17 anos de idade, circulando pola beirarrúa da rúa Urzáiz. Os axentes solicitaron a presenza da súa nai para tramitar a denuncia, ao ser o mozo menor de idade .

A segunda denuncia realizouse media hora despois, na rúa Travesía de Vigo. Nese caso, o condutor, de 25 anos de idade, tamén circulaba pola beirarrúa, e tentou eludir aos axentes, aínda que finalmente foi interceptado. Dáse a circunstancia de que este home xa fora denunciado hai un mes polos mesmos feitos.

Finalmente, a Policía Local realizou unha terceira intervención esa madrugada, na zona de Praza de América. Alí foi interceptado un usuario dun patinete eléctrico, de 46 anos de idade e nacionalidade portuguesa, que, ademais de circular pola beirarrúa, non vestía pezas reflectoras, non levaba iluminación, e deu positivo por THC (cannabis).

ÚLTIMAS

O afundimento dun pesqueiro portugués en Bouzas obriga a despregar barreiras anticontaminación

O afundimento dun pesqueiro portugués abandonado, que se atopaba atracado na dársena de Bouzas,...

Vigo convértese no epicentro da oncoloxía de precisión coa reunión de 150 expertos nacionais

A sede de Afundación en Vigo acolle este xoves e este venres o VIII...

A comunidade educativa mobilízase en seis concellos da área de Vigo contra os recortes no ensino

Federacións de Anpas, Asembleas Abertas do Ensino Público e outros colectivos da comunidade educativa...

Caballero levará ao Goberno as “trampas” da RFEF e acusa á Xunta e ao PP de frear a candidatura de Vigo ao Mundial 2030

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, avanzou que manterá o próximo 2 de marzo...