InicioSociedadeO Hospital Meixoeiro activa o programa de detección precoz de cancro de...

O Hospital Meixoeiro activa o programa de detección precoz de cancro de mama

Ata este momento desenvolvíase na Casa do Mar.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O programa galego de detección precoz de cancro de mama, que ata agora se desenvolvía na Casa do Mar, comezou a súa actividade este martes no Hospital Meixoeiro de Vigo, segundo informou o Sergas.

Así, ponse en marcha as novas instalacións desta unidade nese centro sanitario, permiten ampliar, mellorar e integrar nun único dispositivo todos os recursos diagnósticos da mama na área de Vigo (tanto os de cribado poboacional como os de diagnóstico hospitalario).

As instalacións do programa neste hospital permiten o seu funcionamento de forma autónoma con respecto ao resto da unidade, e dispoñen dunha ampla sala de espera, con aseo público, dúas salas de informes, cabinas, dous mamógrafos e un despacho.

Este programa do Sergas ofrece ás mulleres sas, de entre 50 e 69 anos de idade, a realización dunha mamografía cada dous anos, para detectar canto antes os posibles problemas.

En Vigo, durante 2019, exploráronse un total de 32.544 pacientes, das que 1.172 deron positivo e tiveron que ser derivadas ao hospital. Finalmente, foron diagnosticadas 10 patoloxías malignas.

A Unidade de Patoloxía de Mama do Meixoeiro permite unha abordaxe integral das lesións mamarias, tanto benignas como malignas e, ademais das probas de diagnóstico por imaxe, centraliza todos os tratamentos cirúrxicos e radioterápicos de mama realizados no Chuvi.

ÚLTIMAS

Abordado un buque a 600 millas de Canarias con 6.500 quilos de cocaína con destino a Vigo

Axentes do Grupo Especial de Operacións da Policía Nacional abordaron este outubro --a 600 millas das...

Novidades no Nadal de Vigo: 75 casetas e dúas pistas de xeo na praza de Vialia

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o Concello ampliará o espazo do Nadal...

Xuízo con tribunal popular para o crime de Coia: o acusado enfróntase a case 22 anos de cárcere por asasinato

O xuízo polo chamado crime de Coia de 2024, que se celebrará con tribunal...

Cardama, avisa: “se Uruguai rompe o contrato das patrulleiras será malo para todo o naval vigués”

O empresario vigués José García Costas, accionista do estaleiro Cardama, advertiu este venres de...