InicioSociedadeUnha asociación internacional selecciona un proxecto do Porto de Vigo entre os...

Unha asociación internacional selecciona un proxecto do Porto de Vigo entre os mellores no referente á integración coa cidade

A selección de 'Peiraos do Solpor' como finalista dos premios da asociación de portos permitirá visibilizar e outorgar recoñecemento a nivel internacional a esta iniciativa, así como reforzar o seu carácter verde e innovador.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Asociación Internacional de Portos seleccionou o proxecto ‘Peiraos do Solpor’ da terminal de Vigo entre o tres mellores a nivel mundial na integración Porto-Cidade, na categoría ‘Diálogo coa comunidade e a cidade portuaria’.

Tal e como trasladou o Porto de Vigo nun comunicado, esta iniciativa, enmarcada na súa estratexia de crecemento azul, presentouse en decembro ao premio que organiza a asociación internacional, onde competiu contra outros 45 proxectos. Posteriormente, ‘Peiraos do Solpor’ foi seleccionado para participar na votación final, na que se enfrontará a un consorcio de portos de Estados Unidos e Canadá e a un proxecto dun porto coreano.

Deste xeito, as tres propostas someteranse a unha votación pública, que permanecerá aberta ata o 29 de febreiro nesta páxina web. Os resultados das preferencias da cidadanía e o voto do xurado permitirán determinar os gañadores das distintas categorías. Daranse a coñecer a Conferencia Mundial de Portos que se celebrará en Anveres (Bélxica) o 18 de marzo.

A Asociación Internacional de Portos promove unha estratexia de sustentabilidade en colaboración con Word Port Climate Iniciative (WPCI) desde hai anos e, en concreto, busca potenciar a participación de terminais europeas. A Autoridade Portuaria de Vigo participa desde 2019 nesta entidade e colabora con iniciativas enmarcadas na súa estratexia de crecemento azul.

A selección de ‘Peiraos do Solpor’ como finalista dos premios da asociación de portos permitirá visibilizar e outorgar recoñecemento a nivel internacional a esta iniciativa, así como reforzar o seu carácter verde e innovador.

PROXECTO

Mentres, este proxecto de xardíns mariños atópase en execución. De feito, o pasado mes de marzo colocáronse as primeiras estruturas e o proxecto do observatorio submarino, que estará situado en lazona da Laxe, atópase en fase de deseño. Deste xeito, búscase ofrecer un “miradoiro ao mar” para Vigo e o seu Porto a través da ría.

Tamén, a empresa israelí especializada en proxectos ecolóxicos Econcrete e a Universidade de Vigo (UVigo) traballan no deseño de estruturas ou arrecifes submarinos mediante impresoras 3D.

ÚLTIMAS

Caballero amosa o seu apoio aos centros escolares públicos: “As obras que non fai a Xunta facémolas nós”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, mantivo este martes unha reunión con membros da...

A FIFA visitará en novembro e decembro as sedes do Mundial 2030

A FIFA efectuará unha serie de visitas a sedes do Mundial 2030 en España,...

Caballero, o primeiro rexedor en reclamarlle ao novo conselleiro de Medio Ambiente

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, aproveitou o nomeamento do novo conselleiro de Medio...

Investigan conexións dos bidóns de combustible achados en Carnota e en Vigo cunha narcolancha de Portugal

A Garda Civil abriu unha investigación a raíz do achado de garrafas de gasóleo...