InicioEconomíaUn xulgado condena ao Concello de Vigo a iniciar o expediente de...

Un xulgado condena ao Concello de Vigo a iniciar o expediente de liquidación da concesión a Dornier

O Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Vigo condenou ao Concello olívico a iniciar o expediente de liquidación da concesión do Servizo de Estacionamento Regulado (SER) outorgada a Dornier en 2007.

PUBLICADO O

O Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Vigo condenou ao Concello a iniciar o expediente de liquidación da concesión do Servizo de Estacionamento Regulado (SER) outorgada a Dornier en 2007.

Segundo recolle a sentenza, contra a que cabe recurso, tamén se condenou a Administración local a asumir as costas. Deste xeito, o xuíz considerou “contraria a dereito” a “inactividade” do goberno local en relación á “obrigación de liquidación do contrato” que se adxudicou en 2007 tras a súa anulación por resolución xudicial ao considerarse “non idónea a oferta da empresa adxudicataria”.

Nos antecedentes de feito, tamén se apuntou que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) ordenou “a retrotracción do expediente de contratación, que podería ser substituído pola convocatoria dun novo proceso concursal-competitivo” e, tras rexeitar un recurso, instou o Concello a decantarse por unha destas opcións en 2014. Posteriormente, o goberno local optou por convocar un novo concurso, que tamén foi adxudicado a Dornier.

Así mesmo, o Consistorio requiriu a Dornier que presentase unha proposta actualizada da liquidación do contrato en 2014, que o informe económico cifrou en máis de 3 millóns de euros. Ademais, en 2016, Dornier remitiu unha nova proposta que fixaba a cantidade en 3,5 millóns de euros.

Como consecuencia, a empresa interpuxo a demanda que motivou esta sentenza para esixir a liquidación do contrato e o “abono inmediato das cantidades resultantes” ao considerar que o prazo para esta acción debeu iniciarse en febreiro de 2014 e finalizar en tres meses.

CONCLUSIÓNS

Mentres, o xuíz concluíu que “non era esperable” que o goberno local “tardase catro anos” en subscribir o novo contrato (o auto que ordenou a finalización do anterior databa de 2014 e a nova adxudicación tivo lugar en 2018). Por iso, estimou a “existencia dunha inactividade administrativa por non levar a cabo os trámites necesarios para liquidar un contrato anulado”. Así, sinalou que “dentro da restitución das prestacións” deberase “comprender a devolución da garantía”.

A sentenza tamén apuntou que “o que non pode obter favorable acollida é a imposición de intereses de demora” ao Concello cando “se descoñece o saldo que arroxará a liquidación” e “cando o servizo se continuou prestando ata o 31 de maio de 2018”.

Pola súa banda, os concelleiros de Marea de Vigo, Rubén Pérez e Oriana Méndez, avanzaron que se solicitará que se aclare o “alcance desta sentenza” e volveron denunciar que Dornier non cumpre os pregos da concesión actual, polo que esixiron reconvocar o concurso. Ademais, criticaron a “mala xestión” realizada por parte do goberno local, que, ao seu xuízo, podería ser “interesada”.

ÚLTIMAS

Sanidade non garante os salarios do persoal de ambulancias e realizará unha intervención pública da empresa

Altos cargos da Consellería, Sergas e 061 con representación do comité de folga da...

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

O Porto de Vigo segue batendo marcas

O Porto de Vigo pechou o primeiro trimestre do ano batendo a súa marca histórica de...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...