InicioEconomíaLosada reitera o apoio do Goberno para dar futuro a Barreras

Losada reitera o apoio do Goberno para dar futuro a Barreras

Pide á Xunta "lealdade".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, reiterou o apoio do Goberno na procura de solucións que garantan a continuidade do estaleiro Barreras e citou respecto diso o acordo de refinanciamento que contou coa participación do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo,a través da Compañía Española de Seguro de Crédito á Exportación (CESCE).

Segundo informa a Delegación do Goberno, así llo transmitiu este martes a unha delegación da Federación de Industria, Construción e Agro de UGT en Vigo liderada polo seu secretario xeral, Rubén Pérez, “a quen lle reiterou a confianza do Goberno nas posibilidades do novo proxecto empresarial do estaleiro de Barreras”. Fíxoo tras a confirmación de que Ritz Carlton presentará o seu plan para salvar o estaleiro vigués de entrar en concurso de acredores.

Durante o encontro, Javier Losada analizou cos responsables sindicais a situación actual da compañía viguesa tras a presentación do acordo de refinanciamento da débeda, “que permite afrontar o futuro inmediato para os seus traballadores e a industria auxiliar acredora da mesma cunha nova perspectiva”.

Respecto ao mesmo, destacou que o estaleiro pasará a ter “unha dirección profesional e independente para garantir a xestión transparente e centrada na continuidade do estaleiro, que é o que precisa actualmente esta compañía”.

Finalmente pediu á Xunta lealdade no traballo conxunto das administracións e que se sume ao novo proxecto, lembrándolle “que a única prioridade agora debe ser garantir o futuro industrial e laboral de Barreras e do sector naval de Galicia”.

ÚLTIMAS

O xefe de equipo rompe a chorar no xuízo polo operario morto en Cardama: “Lévoo cargando estes anos”

O xefe de equipo do estaleiro Cardama, un dos acusados pola morte dun operario...

Paus, tubos, ferros e cadeiras… así foi a batalla campal entre siareiros do Celta e do Olimpique de Lyon

O Real Club Celta condenou os incidentes violentos ocorridos nas últimas horas na cidade,...

The Corrs actuarán en Vigo o 11 de agosto en Castrelos

A banda irlandesa The Corrs actuará no auditorio de Castrelos de Vigo o próximo...

O PP e o BNG de Vigo esixen mobilizar 60 millóns de remanentes para vivenda e servizos sociais

O Partido Popular e o BNG de Vigo coincidiron este mércores en demandar unha...