InicioVigo e contornaVigoO Concello de Vigo aproba o proxecto básico para reformar o paseo...

O Concello de Vigo aproba o proxecto básico para reformar o paseo de Bouzas, que non estará dispoñible ata case 2021

Tras as denuncias da veciñanza de Bouzas, o Concello reformará o paseo marítimo cun prazo de execución de 11 meses.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Xunta de Goberno local do Concello de Vigo deu luz verde este xoves ao proxecto básico para a reforma do paseo de Bouzas, que contará cun investimento de case 1,3 millóns de euros, e que agora remitirá á Direción Xeral da Costa e o Mar para que este organismo estatal ceda o chan á administración municipal.

Así o trasladou en rolda de prensa o alcalde, Abel Caballero. Explicou que a actuación afectará a máis de 500 metros de paseo, que van desde a zona da praia fronte á igrexa, ata o final dese tramo, á altura da ponte da VG-20.

Este mesmo xoves o proxecto será remitido a Costas para que ceda o espazo e o Concello poida facer a obra, que ten un prazo de execución de 11 meses. Mentres se resolve a cesión, a administración local elaborará o proxecto construtivo, e prevé poder licitar os traballos “no último trimestre de 2020”.

O alcalde subliñou que se trata dun proxecto “enormemente ambicioso“, que contempla nova pavimentación, renovación do paseo de madeira, elementos ornamentais, varandas, ramplas de baixada á praia, e zonas verdes. Así mesmo, precisou que esta actuación é unha “primeira fase” da rexeneración do litoral, xa que se fará unha segunda actuación para estender o paseo ata Samil.

Abel Caballero lembrou que o Concello tivo que pechar parte do paseo polo seu mal estado, e denunciou que foi a administración central dirixida polo PP a “causante dese desaguisado” porque, en sete anos, “non fixo nada” para manter ese espazo en boas condicións.

A PROTESTA VECIÑAL FIXO EFECTO

Os veciños do barrio de Bouzas, levan protestando polo arranxo do paseo desde fai case un ano. Aínda así, nun comunicado, a veciñanza pediu que non se fixese “ningún tipo de obra colosal por parte do Concello“, senón que pedían “o mantemento da zona, en equilibrio co medioambiente”.

ÚLTIMAS

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...