InicioSociedadeA veciñanza de Bouzas denuncia o abandono do barrio

A veciñanza de Bouzas denuncia o abandono do barrio

Demanda arranxos e mantemento no seu paseo marítimo. Consideran que a zona está "olvidada" polas institucións.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un movemento espontáneo creado no barrio vigués de Bouzas denuncia o estado de deterioro no que se atopa. O movemento, baixo o nome de ‘Bouzas Abandonada’ demanda, entre outras, o arreglo do paseo marítimo de Valentín Paz Andrade, que leva máis de 500 días valado e sen posibilidade de acceso tras a caída dun camiñante no verán de 2018. Con todo, afirman que non saben exactamente os motivos polos que o paseo está pechado.

Os mesmos veciños organizaron unha pegada masiva de carteis en xullo de 2019 a modo de protesta. Operarios do Concello de Vigo retiráronnos. Os veciños voltaron a pegar carteis, desta volta aludindo a “ataques á liberdade de expresión” por parte do Concello. Continuaron con este ‘tira e puxa’ ata este último domingo, cando a veciñanza volvou a pegar novos carteis.

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, confirmou o pasado luns os contactos do goberno municipal coa Dirección de Costas (dependente do Ministerio de Transición Ecolóxica) para lograr a cesión gratuíta ao Concello dunha parte do Paseo de Bouzas. En cambio, na oposición política, Xabier Pérez Igrexas do BNG asegura que “nos orzamentos do 2020 hai 0 euros adxudicados para o paseo”.

“Non estamos en contra de ningunha institución en concreto, Concello, Porto e Xunta atribúense as culpas e a casa segue sen barrer” asegura unha veciña do barrio. Ademais, denuncian a “lentitude e marxinación” en canto á resolución dos problemas por parte das administracións.

Explican desde o movemento veciñal que entregaron no pasado un escrito que quedou sen reposta. “Queremos que se nos escoite; queremos ser as asesoras e asesores de a pé do persoal técnico dos diversos estamentos. Quen sabe mellor o que funciona, non funciona, precísase, sobra que as persoas que habitan un lugar?” declaran no comunicado dos veciños. “O paseo tal e como estaba deseñado conseguía unha integración moi boa. Só precisaba mantemento” engaden os veciños.

Demandan ás institucións “un modelo de barrio enfocado na cidadá e cidadán que o habita”. “Bouzas é mar, Bouzas é vila histórica, mariñeira e cun patrimonio industrial que queremos defender” continúan.

Ademais, aproveitan para “defender o medioambiente e sustentabilidade” da zona, xa que denuncian “os recheos da Ría de Vigo, a ‘estratexia azul’ presentada pola autoridade portuaria en Vigo” así coma a petición da “revisión dos recheos na zona e investimentos sostibles, pensando no longo prazo, no mar e no planeta”. “Fuximos de obras colosais axenas ao sentir de Bouzas” conclúen.

ÚLTIMAS

Evacuada unha pasaxeira ferida do buque oceanográfico vigués Sarmiento de Gamboa

Unha persoa que navegaba no buque oceanográfico Sarmiento de Gamboa resultou ferida mentres realizaba...

Vigo reclamará a Audasa máis de 138.000 euros polo IBI da AP-9

O Concello de Vigo reclamará á concesionaria da AP-9, Audasa, o pagamento de 138.345...

O TSXG revisa este luns a condena de 13 anos e medio polo crime de Coia

A Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia celebrará...

Sanidade licita por 284.000 euros reactivos clave para transplantes no Hospital Meixoeiro

A Xunta de Galicia, a través do Servizo Galego de Saúde (Sergas), publicou no...