InicioEconomíaA néboa deixa en entredito a operatividade de Peinador con novos voos...

A néboa deixa en entredito a operatividade de Peinador con novos voos desviados

PUBLICADO O

- Advertisement -

As condicións meteorolóxicas de baixa visibilidade no Aeroporto de Vigo obrigaron na mañá deste martes a desviar a Santiago dous avións e a cancelar outro, todos eles coas súas respectivas voltas. O aeroporto volveu a operar con normalidade sobre as 12,00 horas.

En concreto, desviouse un voo de Iberia procedente de Madrid e outro de Vueling con orixe en Barcelona, que tiveron que aterrar en Lavacolla e efectuar desde este aeroporto a súa saída cara estes mesmos destinos.

En canto á cancelación, trátase dun voo de Air Europa que non chegou a despegar en Madrid. Isto imposibilitou que o avión efectuase a ruta de volta, de forma que tamén tivo que ser cancelada.

Fontes de Aena atribuíron estas incidencias á baixa visibilidade pola néboa de primeira hora da mañá, xa que o sistema ILS –o asistente de aterraxe en caso de néboa– está desactivado desde o día 7 de maio para a súa substitución por un novo.

Os traballos durarán ao redor de oito semanas, e elixiuse os meses de maio e xuño para levalos a cabo por ser nos que “historicamente hai menos días de baixa visibilidade”. Isto supuxo que varios voos se visen afectados nas últimas semanas.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...