InicioVal MiñorBaionaDetidos en Vigo os dous responsables dun grupo criminal ao que se...

Detidos en Vigo os dous responsables dun grupo criminal ao que se atribúen 17 roubos con forza

Ambos teñen antecedentes, prohibición de entrar en Italia e unha orde de procura emitida en Alemaña

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo detiveron a dous homes de nacionalidade albanesa, de 24 e 34 anos de idade, ‘xefes’ dun grupo ao que se atribúen polo menos 17 roubos con forza cometidos en vivendas de Vigo e Redondela.

Segundo informaron fontes policiais, a investigación iniciouse polo repentino aumento de roubos con forza en varias urbanizacións de Vigo e Redondela, nos dous últimos meses.

Así, as pescudas permitiron descubrir a existencia dun grupo criminal organizado e dedicado aos roubos e asaltos en vivendas, e que podería ser o responsable de máis do 80 por cento dos roubos cometidos en Candeán, Coruxo, San Andrés, Valadares e Cesantes.

Os sospeitosos forzaban portas ou xanelas das plantas superiores e accedían ao interior para levar xoias e diñeiro, ou outros efectos de valor que fosen facilmente vendibles. Ademais, desprazábanse en vehículos de alta gama e adoitaban actuar pola tarde ou pola noite, sen que lles importase se había ou non xente nos domicilios.

DETENCIÓN

Ante a presión policial, o grupo trasladouse para actuar noutros municipios dos arredores de Vigo, como Baiona, O Porriño, Cangas ou Gondomar, e mesmo fóra da provincia, como en Ordes ou Betanzos. A Policía Nacional logrou estreitar o cerco e deter aos dous responsables do grupo despois dun asalto a unha vivenda de Valadares, en Vigo.

Unha vez en Comisaría, púidose comprobar que ambos os detidos tiñan case unha vintena de antecedentes, moitos deles por roubo, ademais dunha prohibición de entrada en Italia, e unha orde de investigación de domicilio e paradoiro emitida en Alemaña.

Os detidos e as dilixencias practicadas foron postos a disposición do xulgado de instrución número 1 de Vigo, encargado de investigar os feitos.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...