InicioDeportesO Marisquiño celebrará o seu 20 aniversario cun mural conmemorativo

O Marisquiño celebrará o seu 20 aniversario cun mural conmemorativo

A organización do certame segue traballando na edición de 2020, cuxas datas de celebración están pendentes de que se pechen os calendarios definitivos das tres probas mundiais de skate, Dirt Jump e Basket 3X3.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Festival O Marisquiño cumprirá este ano o seu vixésimo aniversario e, entre outras iniciativas, reforzará a súa vinculación coa cidade de Vigo a través dun mural conmemorativo, no número 31 da rúa Coruña.

Segundo informou o propio festival, tratarase dun grafiti creado polos artistas galegos Kike Besada e Laura Mujico, do estudo Drama y Pow, e que se enmarca na sexta edición do programa ‘Vigo, cidade de cor’, promovido polo Concello olívico.

Ademais, a organización do certame segue traballando na edición de 2020, cuxas datas de celebración están pendentes de que se pechen os calendarios definitivos das tres probas mundiais de skate, Dirt Jump e Basket 3X3.

Por outra banda, O Marisquiño confirmou que xa ten pechados os acordos de patrocinio co Concello de Vigo e a Deputación de Pontevedra, “e están pendentes os correspondentes á Xunta de Galicia e Zona Franca, que se espera pechar nas próximas semanas”. Así mesmo, avanzou que “se están negociando os permisos do Porto de Vigo para celebrar as diversas probas deportivas na zona das Avenidas”.

Finalmente, a organización confirmou que este ano, por primeira vez, O Marisquiño estará presente na feira internacional de turismo Fitur, dando a coñecer aos visitantes a posibilidade de asistir a un evento de deportes e cultura urbana gratuíto, e de gozar dos atractivos culturais, paisaxísticos e gastronómicos da contorna.

ÚLTIMAS

Cazan ‘in fraganti’ tres ladróns cando tentaban asaltar unha vivenda no barrio vigués de Balaídos

A rápida intervención policial e a colaboración cidadá evitaron que se consumase un novo...

Unha conferencia revela como a arte do século XIX construíu a imaxe histórica de Vigo

O historiador da arte e membro do Instituto de Estudos Vigueses, José Luis Mateo,...

O Celta recibe o selo nacional de transparencia e divulgación non financeira de mans do Consello Xeral de Economistas e LaLiga

O Consello Xeral de Economistas de España (CGEE) e LaLiga distinguirán o vindeiro luns,...

Abel Caballero convoca o pleno extraordinario do caso Saltamontes o 19 de xuño pero elude a súa comparecencia

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, convocou para o próximo 19 de xuño o...