InicioSociedadeO Sergas valora a "moi importante redución" das listas de agarda na...

O Sergas valora a “moi importante redución” das listas de agarda na área de Vigo

A área de Vigo rexistrou a maior redución en cirurxía, con 19 días menos que en 2018, e "case 40 días" desde a posta en marcha do Hospital Álvaro Cunqueiro (HAC).

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) reduciu ao peche de 2019 a 16,7 días a espera media para operacións de prioridade 1 –as de patoloxías máis graves–, o que supón 2,7 días menos que a 31 de decembro de 2018–, mentres que para primeiras consultas se situou en 41,5 días, máis de tres menos que ao final do pasado ano –cando estaba en 44,8–.

Así o destacou este venres en rolda de prensa o xerente do Sergas, Antonio Ferández-Campa, quen incidiu en que en vías rápidas o tempo medio de resposta en decembro de 2019 se situaba en 7,7 días. En canto á área cirúrxica, destacou que a espera media para unha operación en Galicia ao peche de 2019 se situou en 54,5 días, o que supón 7,1 menos que en 2018, cando estaba en 61,6 –incluídos os hospitais do Sergas e o concertado Povisa–.

Tamén apuntou Fernández-Campa que a área de Vigo rexistrou a maior redución en cirurxía, con 19 días menos que en 2018, e “case 40 días” desde a posta en marcha do Hospital Álvaro Cunqueiro (HAC). Deste xeito, valorou a “moi importante redución” en 2019 na área viguesa, con 18,6 días menos que o ano anterior e de 40 días menos, desde os 99,8 que había en 2015, cando se puxo en marcha o Álvaro Cunqueiro.


ÚLTIMAS

A forense decide que o detido polo crime do Porriño non está en condicións de declarar e seguirá hospitalizado

A forense determinou este xoves que o detido polo crime do Porriño non está...

A Xunta descarga a responsabilidade dos crimes machistas nas propias vítimas cando deciden “romper a relación”

O órgano fiscalizador denuncia que os investimentos en sensibilización caeron de 8 millóns en...

A Xunta pon en marcha o plan de financiamento do túnel de Elduayen

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, anunciou este mércores...

A Xunta condena o crime do Porriño e traslada as súas condolencias a familia e achegados da traballadora social

O Goberno galego trasladou o seu "máis firme condena" ante "o...