InicioEconomíaConxemar insta á Xunta a remitir o proxecto de ampliación do Ifevi...

Conxemar insta á Xunta a remitir o proxecto de ampliación do Ifevi ao Concello de Vigo para axilizar trámites

Insiste en que "non se pode esperar máis" para acometer a ampliación do recinto feiral.

PUBLICADO O

Conxemar instou á Xunta a remitir o proxecto de ampliación do Ifevi ao Concello de Vigo para permitir que se someta a exposición pública e se poidan executar os trámites correspondentes tras a aplicación da lei 3/2016 (reservada para proxectos de urxencia ou excepcional interese).

Conxemar insistiu en que “non se pode esperar máis” para acometer a ampliación do recinto feiral, xa que unha dilación nesta actuación “podería pór en risco” a continuidade do evento de conxelados, celebrado cada outubro en Vigo. Así, advertiu da competencia que supoñen outras citas similares, como a Seafood, cuxa celebración se trasladou de Bruxelas a Barcelona.

En concreto, esta asociación lembrou que Conxemar se consolidou como a terceira feira de conxelados a nivel mundial, polo que reivindicou a importancia de manter esta posición, para o que considera esencial a ampliación do Ifevi en 5.000 metros cadrados.

A ese respecto, lembrou que, o pasado mes de decembro, o Padroado do Ifevi acordou inicio da tramitación do proxecto de aprobación mediante a apliación da lei 3/2016 e tomou coñecemento do documento. Ademais, Conxemar indicou que o alcalde de Vigo, Abel Caballero, trasladou a esta entidade que o plan urbanístico da cidade “non permite (…) esa ampliación”, polo que debe efectuarse de acordo coa lei 3/2016.

Tamén apuntou que a Xunta informou a Conxemar de que precisa que o Concello solicite a aplicación da lexislación de urxencia mediante unha carta. Ante esa situación, a entidade que organiza a feira remarcou que esta normativa “establece que a súa aplicación debe solicitala o órgano promotor da obra, neste caso, o Padroado do Ifevi”.

En concreto, a Xunta conta con maioría no Padroado, no que o Concello, a Deputación de Pontevedra, a Confederación de Empresarios de Pontevedra, a Mancomunidade da área Intermunicipalde Vigo e a Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa tamén contan con representación.

ÚLTIMAS

Sanidade non garante os salarios do persoal de ambulancias e realizará unha intervención pública da empresa

Altos cargos da Consellería, Sergas e 061 con representación do comité de folga da...

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

O Porto de Vigo segue batendo marcas

O Porto de Vigo pechou o primeiro trimestre do ano batendo a súa marca histórica de...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...