InicioPolíticaCaballero volve reclamar a ampliación do Ifevi coa 'lei Vigo'

Caballero volve reclamar a ampliación do Ifevi coa ‘lei Vigo’

O alcalde denuncia as tardanzas do Goberno galego.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Vigo volveu a reclamar á Xunta a aplicación da lei 3/2016 para acometer a ampliación do Instituto Feiral (Ifevi), e así o trasladou o goberno municipal á administración galega, nunha carta remitida este xoves, en resposta á misiva que a propia Xunta dirixiu ao consistorio.

Nunha rolda de prensa, o alcalde, Abel Caballero, denunciou a tardanza do goberno galego en responder á demanda sobre a ampliación do Ifevi ao amparo desa lei, e que foi notificada por carta “hai máis de 10 días”, e criticou que, ademais desa tardanza, a resposta da Xunta limítase a preguntar ao Concello se redactará un instrumento de ordenación novo (xa que a PXOM foi anulado e o plan actualmente en vigor non permite a actuación) ou se quere que se aplique a lei 3/2016.

“Tardan máis de dez días en responder, pero na carta non nos din que si, pídennos que lles digamos o que queremos, cando xa tiñan a proposta do Ifevi e nos tiñan que mandar o proxecto”, proclamou Abel Caballero.

O alcalde confirmou que este mesmo xoves o goberno local volveu enviar unha carta á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, na que de novo reclama a aplicación desa lei para poder abordar a ampliación do recinto, e tela lista para a próxima edición de Conxemar.

Por outra banda, incidiu en que esa obra e ese marco legal son unha demanda do Ifevi coñecida desde o 10 de outubro do ano pasado, e ratificada a finais de decembro, e recalcou que é un acordo unánime do padroado do Ifevi, a pesar de que o negou “algunha representante da Xunta”.

ÚLTIMAS

De Baiona a Bruxelas: a iniciativa cidadá que cambiará a seguridade infantil nos coches europeos

Pedro Telmo, veciño de Baiona, impulsou unha campaña en Change.org que superou as 62.500...

O BNG esixe cambiar o plan de tráfico do Nadal de Vigo tras o “caos” do acendido das luces e o desfile de Disney+

O BNG de Vigo urxiu ao Goberno municipal que "rectifique" o plan de tráfico...

“Ameaza a supervivencia do barrio”: Lavadores mobilízase contra o proxecto de vivendas da Xunta

Máis de mil veciños do barrio vigués de Lavadores asinaron unha carta dirixida ao...

O histórico Teatro Fraga de Vigo volverá á vida: case 20 millóns de euros para unha reforma que comezará en 2027

O Consello da Xunta autorizou este luns a licitación das obras de restauración do...