InicioSociedadeA Mesa denuncia a "mala" atención a un neno que falaba galego...

A Mesa denuncia a “mala” atención a un neno que falaba galego no hospital Álvaro Cunqueiro

A Mesa explicou que recibiu a queixa desta nai a través da Liña do Galego, un servizo que en 2018 tramitou 303 queixas, das que un 12% estaban relacionadas co Sergas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Mesa pola Normalización Lingüística denunciou “malas maneiras” na atención a un neno por parte dunha pediatra que asegurou “non ser galega” no servizo de urxencias do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.

Diso deu conta nun comunicado remitido aos medios, no que a asociación informa da queixa dunha nai que afirma que tivo que “facerlle de tradutora” e “repetir á facultativa en castelán todo o que dicía o neno”.

“O neno tiña 39 e medio de febre e un posible cadro de apendicitE pero a pediatra pedíalle constantemente que lle repetise onde sentía a dor, xa que se expresaba na súa lingua habitual, que é o galego”, sinala A Mesa.

Debido a estas cuestións, A Mesa pola Normalización Lingüística esixiu ao conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, que o Servizo Galego de Saúde (Sergas) respecte os dereitos lingüísticos da cidadanía galega e cambie todo o necesario para que non se produzan máis este tipo de situacións.

A entidade de defensa da lingua galega, que levou o caso á Valedora do Pobo e á Secretaría Xeral de Política Lingüística, lembrou que o Estatuto de Autonomía sinala que a lingua propia de Galicia é “o galego” e que os poderes públicos deben garantir o uso normal e oficial dos dous idiomas, así como potenciar o emprego do galego en “todos os planos da vida pública, cultural e informativa”.

A Mesa explicou que recibiu a queixa desta nai a través da Liña do Galego, un servizo que en 2018 tramitou 303 queixas, das que un 12% estaban relacionadas co Sergas.

ÚLTIMAS

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...