InicioSucesosGrandes retencións na ligazón da A-55 coa AP-9 en Vigo polo incendio...

Grandes retencións na ligazón da A-55 coa AP-9 en Vigo polo incendio dun vehículo

O suceso sumouse a varios accidentes de circulación que tiveron lugar durante as primeiras horas da mañá na zona.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O incendio dun vehículo, ocorrido nunha vía pararela á que conecta a A-55 coa AP-9, causou fortes retencións de tráfico en Vigo este xoves pola mañá.

Segundo detallou o corpo de bombeiros da cidade olívica, os feitos ocorreron sobre as 9,00 horas, cando o turismo protagonizou unha saída de vía e comezou a arder ata quedar calcinado.

Por este motivo, os bombeiros desprazáronse ata a zona, onde comprobaron que o condutor non resultou ferido e que puido abandonar o automóbil por si só.

O suceso causou fortes retencións na vía ao sumarse a varios accidentes de circulación que tiveron lugar durante as primeiras horas da mañá na zona.

ÚLTIMAS

Eleccións.- Caballero afirma que o PSOE “sae a gañar” e acusa a Feijóo de non resolver o problema da vivenda

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, vaticinou que a oposición terá "castigo" por ser...

O alcalde de Vigo: “Sánchez fará o que mellor lle conveña a España”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, manifestou que o presidente do Goberno, Pedro Sánchez,...

Tensión tras as ameazas dun home armado cun machete en Vigo

Un home armado cun machete xerou momentos de tensión en Vigo tras un incidente...

A Policía Local localiza en Salceda un veciño do Porriño desaparecido desde o xoves

A Policía Local de Salceda de Caselas localizou na tarde deste venres a Vicente...