InicioSucesosFeridas dúas persoas nunha colisión na N-550 en Mos

Feridas dúas persoas nunha colisión na N-550 en Mos

O accidente ocorreu sobre as 10.00 horas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Dúas persoas tiveron que ser trasladadas este venres ao Hospital Povisa de Vigo despois dun choque entre dous turismos ocorrido na N-550, ao seu paso polo municipio pontevedrés de Mos.

O accidente, segundo informa o 112, ocorreu sobre as 10,00 horas ao redor do punto quilométrico 152 da vía. Foi nese momento cando un particular alertou á central de emerxencias.

Seguidamente, os xestores avisaron á Garda Civil de Tráfico, á Policía Local e a efectivos de Protección Civil do municipio. Tamén foron informados os bombeiros do Baixo Miño e o servizo de mantemento da vía.

Aínda que a persoa alertante aseguraba nun principio que non había feridos, os efectivos de Protección Civil “comprobaron que era precisa a asistencia sanitaria” para unha das persoas, sinala o 112.

Deste xeito, o persoal de Urxencias Sanitarias-061 finalmente trasladou a dúas persoas ao Hospital Povisa de Vigo.

ÚLTIMAS

O Teatro Afundación de Vigo acollerá o 4 de outubro o grupo tributo de The Beatles Abbey Road

O Teatro Afundación de Vigo acollerá o próximo 4 de outubro o grupo tributo...

O BNG de Vigo reclamará en pleno a dimisión de Rueda pola súa “neglixente” xestión nos incendios

O BNG de Vigo reclamará no próximo pleno municipal a dimisión do presidente da...

Detido en menos de 48 horas o presunto autor dun atraco en Vigo

A Policía Nacional detivo esta semana ao suposto autor dun atraco nun supermercado, onde...

Unha noite de violencia en Vigo: agresións nun bar e ataque a un axente con unhas chaves

Un home, de 42 anos de idade, foi detido na madrugada do pasado domingo...