InicioSen categorizarEntrenando na penumbra e con lanternas nas pistas municipais de Balaídos

Entrenando na penumbra e con lanternas nas pistas municipais de Balaídos

A zona de adestramento leva 5 semanas sen iluminación "decente". Sorprende o investimento de 1,6 millóns de euros en luces de Nadal fronte o abandono das instalacións públicas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O atleta David Gómez (2 veces olímpico e 6 veces campeón de España) e entrenador de salto con pértiga e probas combinadas do RC Celta de atletismo, denunciou que levan 1 mes sen luz na pista de atletismo, situada a carón do estadio de Balaidos.

Así, ironizou na súa conta persoal de Twitter sobre o tema. Critica o desembolso do alcalde de 1,6 millones de euros entre gasto de instalación, mantemento e publicidade.

Como solución, o Concello de Vigo activou 3 focos dunha torrreta inutilizada, fronte ao total de 40 bombillas de capacidade do recinto, segundo asegura David. Sorprende desde os usuarios das instalacións, os 12 millóns de luces leds para as celebracións de nadal e apenas 22 en total para unhas instalacións onden entrenan e prepáranse deportistas e medallistas de talla internaciona.

Con todo, xa en 2013, o propio atleta xa fixera un vídeo explicando o mal estado das pistas de Balaídos:

ÚLTIMAS

A Fundación Laxeiro expón unha serie de debuxos inéditos cunha gran forza expresiva

A sede da Fundación Laxeiro, na Casa das Artes de Vigo, expón desde este...

Ciencia de Ida e Volta en cafés de Pontevedra, Vigo e Ourense por parte do alumnado sénior da UVigo

Exercer de embaixadores e embaixadoras da ciencia e do coñecemento. Esa será a misión...

Caballero esixe á Xunta 9 millóns ao ano para Vigo por ser “a cidade máis importante de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, esixiulle este martes á Xunta de Galicia que,...

O BNG leva á Valedora a negativa de Caballero a comparecer polo caso Saltamontes

O grupo municipal do BNG en Vigo presentou unha queixa ante a Valedora do...