InicioEconomíaAbel Caballero tranquiliza aos empresarios: "Teño garantías totais sobre o Corredor Atlántico...

Abel Caballero tranquiliza aos empresarios: “Teño garantías totais sobre o Corredor Atlántico de mercadorías”

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, enviou este martes unha mensaxe de tranquilidade aos empresarios e ao Porto porque, segundo explicou, conta coa “garantía” da presidenta de Adif, Isabel Pardo de Vera, de que se fará o Corredor Atlántico de Mercadorías e terá conexión coa terminal olívica.

O rexedor olívico fixo esta afirmación despois da denuncia pública realizada polo presidente da Autoridade Portuaria, Enrique López Veiga (e á que se sumaron axentes económicos e políticos), acerca da ausencia de Vigo nun mapa de infraestruturas loxísticas ferroviarias que un xefe de área de Adif presentou nun acto con empresarios en Tánxer hai uns días.

Segundo sinalou Abel Caballero, ese mapa foi presentado por “un cargo moi menor de Adif” pero, en todo caso, afirmou que, tras contactar coa presidenta do administrador de infraestruturas ferroviarias, esta deulle “garantías totais de que o mapa do Corredor de Mercadorías inclúe o Atlántico e o porto de Vigo, e é unha prioridade de Adif”. “O que estraña é que non o incluíu xa o Goberno de Rajoy”, engadiu.

“Quero tranquilizar aos empresarios e ao Porto, porque quen presentou isto foi un cargo menor de Adif e, era unha parte do plano”, sinalou o alcalde, que lembrou que, a pesar de que Vigo necesita “imperiosamente” ese corredor de mercadorías, non é esta a primeira prioridade ferroviaria da cidade.

A máis importante demanda de Vigo nesta materia é, segundo o alcalde, o AVE directo a Madrid por Cerdedo. “Esa é a nosa primeira prioridade e aí imos estar inflexibles”, sentenciou.

ÚLTIMAS

O afundimento dun pesqueiro portugués en Bouzas obriga a despregar barreiras anticontaminación

O afundimento dun pesqueiro portugués abandonado, que se atopaba atracado na dársena de Bouzas,...

Vigo convértese no epicentro da oncoloxía de precisión coa reunión de 150 expertos nacionais

A sede de Afundación en Vigo acolle este xoves e este venres o VIII...

A comunidade educativa mobilízase en seis concellos da área de Vigo contra os recortes no ensino

Federacións de Anpas, Asembleas Abertas do Ensino Público e outros colectivos da comunidade educativa...

Caballero levará ao Goberno as “trampas” da RFEF e acusa á Xunta e ao PP de frear a candidatura de Vigo ao Mundial 2030

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, avanzou que manterá o próximo 2 de marzo...