InicioMedio Ambiente e PatrimonioAs novas rehabilitacións do Casco Vello de Vigo concluirán a comezos do...

As novas rehabilitacións do Casco Vello de Vigo concluirán a comezos do 2020

Así o anuncio a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, que asegurou que a adecuación destes inmobles dará lugar a 11 vivendas e tres locais comerciais.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, avanzou que se espera que a rehabilitación de cinco novos inmoble situados no Casco Vello de Vigo conclúa durante o primeiro trimestre de 2020.

Así o detallou en rolda de prensa no marco dunha visita realizada a un destes cinco edificios, situados nas rúas Cruz Verde, Ribeira do Berbés, Abeleira Menéndez e Elduayen, onde concretou que a adecuación dos mesmos dará lugar a 11 vivendas e tres locais comerciais.

Ademais, durante a súa visita ao edificio situado no número 12 de rúa Cruz Verde, Ángeles Vázquez detallou que as súas correspondentes obras de rehabilitación finalizarán entre este mes e xaneiro de 2020.

Así mesmo, lembrou que o Goberno galego incrementará o seu apoio ao Consorcio Casco Vello de Vigo o próximo ano ata alcanzar os 400.000 euros. En concreto, a Xunta representa o 90 por cento desta entidade, na que o Concello olívico participa co 10 por cento restante.

Durante o acto, a delegada territorial do Executivo autonómico en Vigo, Corina Porro, puxo en valor que, mediante o labor do consorcio se puideron recuperar 79 inmobles que deron lugar a 100 vivendas.

Así, resaltou a aposta “totalmente decidida” e “sen condicións” da Xunta pola rehabilitación do Centro histórico, que, segundo asegurou, “pasa pola colaboración institucional”.

ÚLTIMAS

A Xunta urxe a Caballero a abordar as válvulas danadas da presa de Eiras

A Xunta de Galicia reiterou ao alcalde de Vigo, Abel Caballero, a urxencia de...

Detidos dous veciños de Salamanca por estafa en compras ‘online’

O equipo de investigación tecnolóxica da Unidade Orgánica de Policía Xudicial da Garda Civil...

Vigo acende este sábado o seu Nadal con 12 millóns de luces

Vigo acenderá este sábado as luces de Nadal ás 20.00 horas baixo a árbore...

Vigo xa ten o seus orzamentos aprobados 350 millóns, co rexeitamento de PPdeG e BNG

O pleno do Concello de Vigo deu luz verde este venres á aprobación inicial...