InicioPolíticaFeijóo critica a Abel Caballero por "dar a nota" ao comparar o...

Feijóo critica a Abel Caballero por “dar a nota” ao comparar o Nadal de Vigo co Camiño de Santiago

Afea que dirixa "o único concello da Península Ibérica" que non acepta a sinalización do Camiño.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, sinalou que “dar a nota” é “o eixo vertebrador” da “mestura de política frívola e de espectáculo” que atribuíu ao alcalde de Vigo, o socialista Abel Caballero, tras defender o rexedor que “hai máis xente” que acode a participar no Nadal vigués, co atractivo das luces, que ao Camiño de Santiago.

“Iso acredita o nivelazo político dese Concello“, dixo Feijóo, preguntado sobre esta polémica na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta. Ao seu modo de ver, entrar a facer esta comparación –o Nadal vigués co Camiño– é “tan absurdo” que non merece a pena “nin comentalo”.

“Oxalá o Nadal sexa un éxito en Vigo e o Xacobeo tamén o sexa, a pesar dalgún rexedor”, esgrimiu, antes de reivindicar que a el lle gusta “facer unha política que non consista en intoxicar ou paralizar”.

SINALIZACIÓN DO CAMIÑO

Precisamente, tras avanzar que en 2020 estará finalizada a sinalización de todos os itinerarios do Camiño, Feijóo criticara a Caballero (sen citalo expresamente) pola negativa a aceptar a sinalización autonómica da ruta xacobea.

“Todos os concellos de Galicia, Portugal e España aceptan os sinais do Camiño, menos un. É o único da Península Ibérica que non o fai”, reprobou o presidente galego.

Por outra banda, preguntado polos problemas xurdidos por mor das obras do futuro albergue de Vigo, o presidente sinalou que se estarán seguindo os pasos previstos para liquidalos.

“É a nosa competencia e estase facendo nunha inmoble propiedade da comunidade”, sinalou, para concluír que, se xorden dificultades, liquidaranse polas canles adecuadas.

ÚLTIMAS

A viguesa Vanessa Glemsel compite este sábado polo Premio Nacional de Poesía Viva

A poeta viguesa Vanessa Ferreira Rodríguez, coñecida artisticamente como Vanessa Glemsel, participará este sábado na...

As familias do EEI Vila Laura saen á rúa para esixir á Xunta unha profesora de apoio

Nais e pais, docentes e alumnos do EEI Vila Laura de Vigo saíron este...

A Fiscalía pide ano e medio de prisión para un home acusado de acosar con insultos homófobos a un traballador en Vigo

Un home de 39 anos enfróntase a unha petición fiscal de ano e medio...

Condenan ao Concello de Vigo por incumprimentos en materia de riscos laborais e debe indemnizar a 4 funcionarios

O Tribunal de Instancia de Vigo, Sección Social, praza 3, condenou o Concello de...