InicioEconomíaCorina Porro destaca a importancia da educación para alcanzar unha sociedade con...

Corina Porro destaca a importancia da educación para alcanzar unha sociedade con “tolerancia cero” ao acoso machista

A ex deputada popular Ana Pastor Asegurou vía audivisual que "hai moito por facer" xa que as mulleres aínda teñen dificultades de acceder a determinados empregos e son elas as primeiras en perdelo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Corina Porro, destacou este mércores a importancia de traballar na educación dos máis novos para alcanzar unha sociedade con “tolerancia cero” ao acoso machista. Así o sinalou na inauguración do I Foro Empresarial de Galicia para a Igualdade, a Responsabilidade Social Empresarial e a Prevención do Acoso e a Violencia de Xénero organizado pola Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP).

“Grazas ao esforzo que fagamos hoxe na educación conseguiremos un mañá igualitario”, reivindicou a tamén exalcaldesa da cidade olívica, tras o que engadiu que “é preocupante o incremento das relacións tóxicas entre os mozos”. Para ela son necesarios “catro principios fundamentais” para cambiar esta situación: A igualdade de xénero como elemento transversal na Educación, a construción dunha sociedade igualitaria empregando a educación como medio, violencia cero nas aulas e na sociedade e educar na integración “plena” máis aló da condición afectiva ou sexual.

Porro viu de forma clave acabar cos “chascarrillos” que aínda se escoitan en “moitas empresas” sobre as mulleres e reivindicar o liderado das mulleres para terminar co acoso no mundo laboral. Neste sentido, destacou a importancia da colaboración pública-privada para a igualdade, polo que detallou as accións que desde a Xunta de Galicia están a realizarse, como o protocolo para a detección e tratamento da violencia de xénero nas empresas.

LONXE DA IGUALDADE

Pola súa banda, na presentación do Foro tamén estivo presente a subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, quen reivindicou a necesidade de conseguir a igualdade entre homes e mulleres porque “sendo realistas” aínda está “un pouco lonxe”. Larriba valorou o Plan Estratéxico de Igualdade de Oportunidades levado a cabo polo Executivo de Pedro Sánchez, a través do cal se definen obxectivos e medidas prioritarias para eliminar a discriminación por razón de sexo.

Tamén falou, aínda que de forma audiovisual, a deputada popular e exministra Ana Pastor, quen a través dun vídeo (debido a non poder asistir ao acto) dixo sentirse “privilexiada” de conseguir os cargos que ostentou na súa carreira pero “a maioría das mulleres non gozan desta posición”. Asegurou que “hai moito por facer” xa que as mulleres aínda teñen dificultades de acceder a determinados empregos e son elas as primeiras en perdelo. Apostou por unha “boa formación” xa que é a “base” para desenvolver unha vida profesional “satisfactoria e alcanzar plena autonomía”.

ÚLTIMAS

O xulgado solicita á Policía Local información e documentos sobre o ‘Saltamontes’ no que morreu un mozo en 2024

O xulgado de instrución 3 de Vigo, que investiga o accidente sucedido en agosto do...

Stellantis Vigo volve apelar á “flexibilidade” e redución de custos ante a competencia “desapiadada”

O director de Stellantis Vigo, José Luís Alonso Mosquera, apelou este venres á "flexibilidade"...

O financiamento de ‘Peiraos do Solpor’ enfronta a Caballero e Autoridade Portuaria, que se piden mutuamente “lealdade institucional”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, arremeteu novamente este xoves contra o Porto olívico, ao que...

Carla Simón desenterra en Cannes os recordos dunha xeración “perdida” pola sida co filme ‘Romería’, rodada en Vigo

A cineasta Carla Simón desenterrou no Festival de Cannes os recordos da xeración dos...