InicioPolíticaAbel Caballero censura as críticas da dereita ao acordo PSOE-UP: "A alternativa...

Abel Caballero censura as críticas da dereita ao acordo PSOE-UP: “A alternativa é repetir eleccións”

Abel Caballero arremeteu contra Núñez Feijóo porque "agora fala dunha oferta do PP, e que están dispostos a falar". "É unha pena que non o dixese hai un mes", ironizou.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo e presidente da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), Abel Caballero, censurou este venres aos partidos de dereitas que critican o acordo alcanzado entre PSOE e Unidas Podemos (UP), porque “a alternativa é repetir eleccións”.

Nunha rolda de prensa e cuestionado acerca dese pacto, o rexedor olívico criticou o “oportunismo” de partidos como PP e Ciudadanos, que agora “se escandalizan” de que Sánchez e Iglesias chegasen a un acordo, cando puideron evitar este escenario se se abstiveran no seu momento, e non houbese que ir a eleccións o 10 de novembro.

En concreto, Abel Caballero arremeteu contra Núñez Feijóo porque “agora fala dunha oferta do PP, e que están dispostos a falar”. “É unha pena que non o dixese hai un mes”, ironizou.

Ademais, o alcalde preguntou “cal é a proposta alternativa” deses partidos. “Non hai outra que non sexa eleccións (…) Só hai dúas hipóteses, non hai máis: ou goberno de Sánchez ou eleccións“, sentenciou, e insistiu en que a posición de PP e Ciudadanos é “dunha gravísima irresponsabilidade”.

Por outra banda, e preguntado acerca das repercusións que terá ese acordo na cidade olívica e na súa relación coa Marea de Vigo, Abel Caballero proclamou: “A min as ‘mareas’ danme exactamente igual (…), para min con que goberne Sánchez váleme, que é o que nos garante todo na cidade”.

ÚLTIMAS

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...