InicioEconomíaDavid Regades apela á internacionalización das empresas para ser "máis resistentes"

David Regades apela á internacionalización das empresas para ser “máis resistentes”

O delegado do Estado na Zona Franca de Vigo aposta pola innovación e o emprendemento para mellorar os postos de traballo.

PUBLICADO O

O delegado do Estado na Zona Franca de Vigo, David Regades, destacou este martes a necesidade de apostar pola innovación e o emprendemento para ser máis competitivos, polo que subliñou que o camiño a seguir é o de mellorar “cualitativamente” os postos de traballo.

Así o sinalou nun almorzo empresarial organizado pola Asociación de Novos Empresarios AJE-Vigo, onde Regades tamén indicou que a internacionalización das empresas viguesas e galegas permite “diversificar o risco” para ser “máis resistentes” a unha crise.

Noutra orde de cousas, remarcou o traballo que realiza a Zona Franca para achegar chan industrial e equipamento ás compañías, polo que, segundo as súas cifras, a produtividade das firmas que se atopan na Zona Franca é un 20% superior.

Pola súa banda, a directiva de AJE-Vigo anunciou que o próximo 28 de novembro ás 20,00 horas celebraranse os Premios AJE na sede social de Afundación, que serán os “mellores e maiores” galardóns que deu AJE-Vigo “na súa historia”.

ÚLTIMAS

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Stellantis Vigo espera que o Perte se resolva “a final de mes”

O director da planta viguesa do grupo automobilístico Stellantis, Ignacio Bueno, ve "difícil" superar...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...

Atraso de 40 minutos na liña A Coruña-Vigo por un conato de incendio nun coche do tren

Un conato de incendio declarado entre dous coches dun tren que cobre a liña...