InicioMedio Ambiente e PatrimonioBNG alerta das "consecuencias ambientais negativas" do túnel da Porta do Sol...

BNG alerta das “consecuencias ambientais negativas” do túnel da Porta do Sol de Vigo

"Suporá profundar na fractura xa existente no caso antigo vigués", asegura Ana Miranda.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda, dirixiuse á Comisión Europea nunha pregunta escrita para denunciar o proxecto de construción do túnel da Porta do Sol de Vigo, que será cofinanciado polos fondos europeos Feder e, ao seu xuízo, terá “consecuencias ambientais negativas”.

“Queremos preguntarlle á Comisión como valora a construción dun túnel no centro da cidade, que suporá aumentar o tráfico e a contaminación, cando os obxectivos dos programas de Crecemento Sustentable instan xusto ao contrario”, destacou Miranda, segundo recolle o BNG nun comunicado.

Neste sentido, a portavoz nacionalista criticou que desde o Concello de Vigo “non se barallen outras alternativas” que permitan crear rutas no ámbito histórico e cultural da cidade que fomenten o uso peonil e ciclista.

“Tendo en conta que parte do investimento deste proxecto procede dos 15 millóns concedidos por Europa dos fondos Feder ao denominado Vigo Vertical co obxectivo de mellorar a accesibilidade da cidade, facer un túnel que corte drasticamente a zona vella non é a mellor opción”, sinalou Ana Miranda.

PARTICIPACIÓN CIDADÁ

Tamén lamentou que o goberno local “incumpra a normativa europea de dereito de acceso e participación” na información relativa ao medioambiente “e que non teña en conta a opinión dos veciños afectados”.

Ademais, Miranda alertou de que a construción desta infraestrutura “suporá profundar na fractura xa existente no caso antigo vigués”, xa que prevé unha fosa e dúas ramplas nunha rúa “moi estreita”. “Por non falar da alta probabilidade de atopar restos arqueolóxicos e cimentacións antigas sen documentar”, subliñou.

“É terrible o desprezo co que se fala nesta cidade do patrimonio histórico e cultural. En lugar de consentilo e protexelo preténdense facer obras que poden pór en perigo o que aínda existe, sen levar a cabo un estudo serio de cales son as mellores actuacións para preservalo de forma compatible coas directrices europeas”, sentenciou Ana Miranda.

ÚLTIMAS

Xulgan en Vigo unha muller acusada de estafar 6.800 euros cun falso aviso dun “fillo en apuros”

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, celebrará o...

A RAG abre en Vigo a Semana das Letras Galegas coa proxección dun documental sobre Begoña Caamaño

A Real Academia Galega (RAG) abre este luns en Vigo, cidade natal da homenaxeada...

Caballero acusa á Xunta de querer devaluar ás Illas Cíes por non defender que sexan Patrimonio da Humanidade

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, acusou este venres á Xunta de pretender "devaluar"...