InicioSociedadeO hospital Fátima de Vigo organiza unha conferencia sobre a cirurxía da...

O hospital Fátima de Vigo organiza unha conferencia sobre a cirurxía da mama

Esta charla, que será de carácter gratuíto, porá punto e final aos actos conmemorativos do Día Mundial contra o Cancro de Mama.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Hospital Vithas Fátima de Vigo acollerá o vindeiro martes, día 22 de outubro, a partir das 19,30 horas unha conferencia sobre a abordaxe multidisciplinar da cirurxía da mama, que impartirá o coordinador da Unidade de Mama do centro sanitario, Gonzalo de Castro Parga.

Esta charla, que será de carácter gratuíto, está incluída no ciclo Vithas Aula Saúde e porá punto e final aos actos conmemorativos do Día Mundial contra o Cancro de Mama, que se celebra cada 19 de outubro.

De Castro tamén ofreceu consultas gratuítas sobre reconstrución mamaria; e as usuarias que solicitaron un test de susceptibilidade ao cancro de mama hereditario, puideron beneficiarse dun desconto na tarifa, tal como indicou o hospital nun comunicado.

ÚLTIMAS

O xefe de equipo rompe a chorar no xuízo polo operario morto en Cardama: “Lévoo cargando estes anos”

O xefe de equipo do estaleiro Cardama, un dos acusados pola morte dun operario...

Paus, tubos, ferros e cadeiras… así foi a batalla campal entre siareiros do Celta e do Olimpique de Lyon

O Real Club Celta condenou os incidentes violentos ocorridos nas últimas horas na cidade,...

The Corrs actuarán en Vigo o 11 de agosto en Castrelos

A banda irlandesa The Corrs actuará no auditorio de Castrelos de Vigo o próximo...

O PP e o BNG de Vigo esixen mobilizar 60 millóns de remanentes para vivenda e servizos sociais

O Partido Popular e o BNG de Vigo coincidiron este mércores en demandar unha...