InicioSociedadeO Goberno galego aumenta un 56% o orzamento para renovar a frota...

O Goberno galego aumenta un 56% o orzamento para renovar a frota do Servizo de Gardacostas

Rosa Quintana subliñou que o Executivo busca así blindar o sistema galego de procura, salvamento e intervención contra a contaminación mariña, así como a loita contra o furtivismo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Goberno galego aumentará nun 56% a contía para a renovación parcial da frota do Servizo de Gardacostas de Galicia nos orzamentos de 2020, o que suporá un investimento de seis millóns de euros para afrontar o pago correspondente da patrulleira de altura que substituirá á ‘Paio Gómez Chariño’ e doutra lixeira para ampliar a frota, que se están construíndo na área de Vigo.

Así o sinalou a conselleira do Mar, Rosa Quintana, este venres tras a súa participación nun seminario sobre o tratamento do lixo mariño, onde asegurou que a Xunta reafirmou “o seu compromiso” coa protección e o control dos produtos do mar, a mellora do medio mariño e o salvamento marítico mediante un incremento do 3% desta partida nos orzamentos do ano que vén.

Tal como recolle a Xunta nun comunicado, Quintana subliñou que o Executivo autonómico busca así blindar o sistema galego de procura, salvamento e intervención contra a contaminación mariña, así como a loita contra o furtivismo.

Ao seu xuízo, as contas para o próximo ano “supoñen avanzar no plan de renovación parcial da frota”, que prevé a construción de catro patrulleiras lixeiras aptas para tarefas de inspección e vixilancia pesqueira, control de apoio á frota, colaboración en operacións de procura e salvamento e participación en actividades de loita contra a contaminación. Dúas destas embarcacións xa foron entregadas, mentres que outras dúas e a gran embarcación están en proceso de construción nun estaleiro da ría de Vigo.

“Esta renovación da frota de Gardacostas súmase á mellora dos medios terrestres e á ampliación do cadro de persoal do organismo autonómico, que incorporou máis de 40 profesionais nos últimos anos para labores de inspección veterinaria e de loita contra o furtivismo”, sentenciou Rosa Quintana.

ÚLTIMAS

O buque vigués ‘Robin M. Lee’, ao rescate dos tripulantes do palangreiro en perigo nas Malvinas

Os 27 tripulantes do palangreiro 'Argos Georgia', que nas últimas horas solicitaba axuda a 170 millas...

Unha carpa situada nas inmediacións do centro comercial A Laxe acolle unha experiencia de realidade virtual para concienciar sobre a ciberseguridade

O Instituto Nacional de Ciberseguridade (Incibe) organiza esta semana en Vigo a exposición '#ExperienciaIncibe' de realidade...

Encontran o cadáver dun home dentro dun piso de Vigo despois da alerta dos veciños polo mal cheiro

Os servizos de emerxencia acharon o cadáver dun home nun piso de Vigo despois...

Case 1.300 empresas galegas logran algún dos 10 indicadores Ardán

Un total de 1.289 empresas galegas lograron algún dos 10 indicadores Ardán, co almacenista...