InicioSociedadeCiudadanos lamenta a actitude "temeraria" do alcalde ao non atender os bombeiros...

Ciudadanos lamenta a actitude “temeraria” do alcalde ao non atender os bombeiros de Vigo

A candidata ao Congreso Beatriz Piñeiro fixo alusión ao decreto do goberno local que suspende os descansos dos bombeiros e impón facer horas extras para paliar a falta de efectivos, un decreto "que non era legal".

PUBLICADO O

- Advertisement -

Ciudadanos criticou este luns a actitude “absolutamente temeraria” do alcalde de Vigo, Abel Caballero, por non reunirse co colectivo de bombeiros da cidade (en folga desde mediados de agosto por falta de persoal) e escoitar as súas reivindicacións e propostas para mellorar o servizo.

Así o trasladou a candidata ao Congreso pola provincia de Pontevedra, Beatriz Piñeiro, tras manter unha reunión con representantes de bombeiros de Vigo. “Denunciamos a actitude absolutamente temeraria do alcalde ante unha situación que non quere afrontar e non quere resolver”, sinalou.

A candidata fixo alusión ao decreto do goberno local que suspende os descansos dos bombeiros e impón facer horas extras para paliar a falta de efectivos, un decreto “que non era legal”, á luz de dúas sentenzas recentes dun xulgado vigués que o anularon.

Segundo incidiu Beatriz Piñeiro, o que pretenden os bombeiros é “poder dar un servizo de calidade”, e o rexedor “nin sequera quere recibilos”, a pesar de que se trata dun departamento “básico” para a seguridade dos cidadáns.

Por iso, instou ao goberno de Abel Caballero a non recorrer a sentenza que anularon o decreto e a reunirse cos bombeiros para escoitar as súas demandas.

ÚLTIMAS

Vigo e o turismo invisible

​Sempre que se analiza o éxito turístico de Vigo, os titulares repiten os mesmos...

O TSXG confirma catro anos de cárcere para un home por agredir sexualmente á neta da súa parella

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a pena de catro anos...

Abel Caballero pide ao Ministerio que Vigo sexa sede do Mundial 2030 tras a saída de Málaga

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reuniuse este luns coa ministra de Educación, Formación...

Abel Caballero destaca o “moi bo comportamento” do turismo en Vigo durante febreiro

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reivindicou a "moi boa ocupación hoteleira" da cidade...