
A feira industrial Metal Industry and Technologies International Trade Fair, Mindtech, celebra a súa primeira edición en Vigo co obxectivo de converter a esta cidade nun “referente” do sector no polo ibérico e centrarse na aposta polas novas tecnoloxías.
Así o remarcou o presidente do evento, Xusto Sierra, durante o acto inaugural da cita, que acollerá o Instituto Feiral de Vigo (Ifevi) até este xoves. Así, insistiu en que Mindtech aspira a crear un sistema de axendas e encontros entre distintos referentes do sector, ademais do seu exercer un labor expositivo. Ademais, a feira industrial contará cunha incubadora enfocada nas novas tecnoloxías denominada Mindtech Startup Area.