InicioSucesosTrasladada ao hospital unha menor que agrediu ao seu pai porque non...

Trasladada ao hospital unha menor que agrediu ao seu pai porque non lle fixo a cea

Cando chegaron os policías, a porta da vivenda xa estaba aberta e os axentes puideron entrevistarse co pai da moza, que lles relatou que a súa filla tivera un arrebato violento, e causara desfeitas na vivenda.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Unha menor de 17 anos de idade foi trasladada ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo para a realización dunha avaliación psiquiátrica despois de agredir ao seu pai, porque este non lle fixo a cea cando ela llo pediu.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos tiveron a última hora da tarde deste xoves, cando unha dotación do 092 se presentou nun domicilio da zona das Travesas, alertada porque unha moza se encerrou en casa e non deixaba entrar a ninguén.

Cando chegaron os policías, a porta da vivenda xa estaba aberta e os axentes puideron entrevistarse co pai da moza, que lles relatou que a súa filla tivera un arrebato violento, e causara desfeitas na vivenda. Segundo explicou, esa reacción debeuse a que a nena lle esixiu que lle fixese a cea, e o seu pai pediulle “que esperase un pouco”.

Ademais, este home, de 39 anos de idade, presentaba un corte nunha man e un ollo denegrido, lesións que, segundo recoñeceu, causáralle a súa filla o día anterior.

Ante esta situación, e dado que a moza atopábase en estado de ansiedade, increpaba aos axentes e non colaboraba, pediuse asistencia sanitaria. Tras unha primeira valoración, o persoal facultativo da ambulancia determinou o seu traslado ao hospital.

ÚLTIMAS

Caballero levará de novo ao pleno a proposta para que Xunta e Deputación financien voos desde Vigo

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o Goberno municipal volverá presentar unha...

Flor Baena reclama ao Concello de Vigo unha homenaxe oficial ao seu irmán Xosé Humberto

Flor Baena, irmá do vigués Xosé Humberto Baena Alonso, reclamou ao Concello de Vigo...

A viguesa Vanessa Glemsel compite este sábado polo Premio Nacional de Poesía Viva

A poeta viguesa Vanessa Ferreira Rodríguez, coñecida artisticamente como Vanessa Glemsel, participará este sábado na...

As familias do EEI Vila Laura saen á rúa para esixir á Xunta unha profesora de apoio

Nais e pais, docentes e alumnos do EEI Vila Laura de Vigo saíron este...