InicioSociedadeCobas, o robot capaz de procesar máis de 1200 test de coronavirus...

Cobas, o robot capaz de procesar máis de 1200 test de coronavirus diarios, está no Meixoeiro

Os primeiros test realizáronse con éxito a finais de marzo procesando as 232 mostras recollidas dos residentes e persoal laboral da residencia DomusVi de Barreiro que foron procesadas en tan só 3 horas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O pasado 21 de Marzo o Ministerio de Sanidade facilitou a actualización dos robots de análise de seis centros sanitarios de España para procesar test de identificación de coronavirus.

A medida chegaba despois de que a multinacional ROCHE anuciase o pasado 13 de marzo que a FDA – a axencia de medicamentos americana- autorizaba o uso de emerxencia dos robots da multinacional suiza para a detención do virus SARS-CoV-2 que causa a enfermidade do COVID-19.

Os robots compatibles con esta actualización son os modelos Cobas 6800 e 8800, de uso extendido en hospitais de todo o mundo para análise de presencia de VIH, hepatite e outras enfermidades infeciosas.

O Ministerio de Sanidade aprobou que seis unidades de Microbioloxía das comundiades de Madrid, Barcelona, Vitoria, Málaga, Valencia e Galicia (Vigo) poidesen adaptar os seus robots para realizar os test.

Esta concesión, de momento, non pode ser ampliada a outros centros, pese a que Coruña tamén conta cun modelo de robot similar. O motivo é non desabastecer as existencias mundiais dos reactivos necesarios para realizar os test, por iso Vigo será o centro de referencia para toda a comunidade galega.

Os primeiros test realizáronse con éxito a finais de marzo procesando as 232 mostras recollidas dos residentes e persoal laboral da residencia DomusVi de Barreiro que foron procesadas en tan só 3 horas.

ÚLTIMAS

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...