InicioSucesosDetido por tráfico de drogas un vigués ao que interviñeron case 170...

Detido por tráfico de drogas un vigués ao que interviñeron case 170 dose de cocaína e heroína

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes de Policía Nacional da Comisaría de Vigo detiveron a un veciño da cidade, de 41 anos de idade, como presunto autor dun delito contra a saúde pública por tráfico de drogas.

Segundo informaron fontes policiais, a investigación iniciouse a finais de agosto, tras terse coñecemento da posible existencia dun ‘punto negro’ de tráfico de drogas na contorna da Travesía de Vigo.

A Policía despregou un dispositivo de vixilancia e descubriron a un home que se citaba en diversos puntos predeterminados da rúa Canadelo Baixo cos seus ‘clientes’. O home realizaba con estas persoas rápidos intercambios e adoptaba medidas de seguridade e cautelas para evitar ser detectado pola Policía.

Con estas evidencias, a Policía puxo en marcha un operativo para deter ao traficante, ao que sorprenderon cando chegaba á zona para realizar unha venda de droga. Cando foi interceptado e cacheado, os axentes atopáronlle 102 dose de cocaína, 66 de heroína e unha importante cantidade de diñeiro en efectivo.

O home foi trasladado a Comisaría, onde se comprobou que non ten antecedentes policiais. O detido e as dilixencias practicadas foron postos a disposición do xulgado de garda da cidade olívica.

ÚLTIMAS

O Teatro Afundación de Vigo acollerá o 4 de outubro o grupo tributo de The Beatles Abbey Road

O Teatro Afundación de Vigo acollerá o próximo 4 de outubro o grupo tributo...

O BNG de Vigo reclamará en pleno a dimisión de Rueda pola súa “neglixente” xestión nos incendios

O BNG de Vigo reclamará no próximo pleno municipal a dimisión do presidente da...

Detido en menos de 48 horas o presunto autor dun atraco en Vigo

A Policía Nacional detivo esta semana ao suposto autor dun atraco nun supermercado, onde...

Unha noite de violencia en Vigo: agresións nun bar e ataque a un axente con unhas chaves

Un home, de 42 anos de idade, foi detido na madrugada do pasado domingo...