InicioSociedadeO Concello de Vigo sacará a concurso 258 prazas da OPE de...

O Concello de Vigo sacará a concurso 258 prazas da OPE de 2019 e anos anteriores

84 prazas correspóndense coa OPE deste ano, mentres que 174 vincúlanse a convocatorias pendentes doutros anos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Vigo convocará, no prazo dun ano, 258 prazas de funcionarios correspondentes ás Ofertas Públicas de Emprego (OPE) de 2019 e ás pendentes de anos anteriores, segundo confirmou en rolda de prensa o alcalde, Abel Caballero.

Así, 84 prazas correspóndense coa OPE deste ano, mentres que 174 vincúlanse a convocatorias pendentes doutros anos. En total, ofertaranse 209 prazas libres e 49 de promoción interna.

Segundo informou o rexedor, no próximo ano incorporaranse 62 axentes de Policía Local, 24 bombeiros, 11 diplomados para Servizos Sociais, 34 técnicos de administración en varias áreas, e 140 funcionarios do corpo administrativo, capataces, encargados, etc.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...