InicioCulturaAir Nostrum promociona os concertos vigueses nos seus avións

Air Nostrum promociona os concertos vigueses nos seus avións

PUBLICADO O

A aeroliña Air Nostrum dedica o seu número de agosto da súa revista de a bordo aos concertos de Castrelos, os máis relevantes de Vigo. Air Nostrum Inflight Magazine, que así se chama a publicación, repasa algúns dos eventos das bandas nacionais e internacionais que están a dar espectáculos durante estas semanas no auditorio.

Air Nostrum destaca a grande capacidade que ten o recinto e a posibilidade de asistir dun xeito gratuíto aos concertos e considera ao programa “un referente para o turismo que busca un ocio de calidade”. Ademais dos concertos ao aire libre da cidade, o número recolle unha reportaxe sobre Fórmula 1 ou unha entrevista ao actor Tom Hanks.

O espectáculo no auditorio xa está en marcha dende fai unhas semanas, cos concertos xa celebrados de Lauryn Hill, Leiva, Tom Jones, Fangoria, Rick Astley e Roger Hodson e aínda quedan por actuar Thirty Second To Mars (1 de agosto), as bandas nacionais Xoel López, Vetusta Morla e Furius Mokey House (2 de agosto) e David Bisbal (8 de agosto).

 

ÚLTIMAS

Sanidade non garante os salarios do persoal de ambulancias e realizará unha intervención pública da empresa

Altos cargos da Consellería, Sergas e 061 con representación do comité de folga da...

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

O Porto de Vigo segue batendo marcas

O Porto de Vigo pechou o primeiro trimestre do ano batendo a súa marca histórica de...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...