InicioSucesosIdentificado un home en Vigo por circular cun patinete eléctrico baixo os...

Identificado un home en Vigo por circular cun patinete eléctrico baixo os efectos de substancias estupefacientes

Dous rapaces fuxidos dun centro de menores ourensán foron recollidos en Coia.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un home de 42 anos, M.C.G., foi identificado por circular por unha beirarrúa da cidade olívica cun Vehículo de Mobilidade Persoal (VMP), un patinete eléctrico, baixo os efectos de substancias estupefacientes. Segundo recolleu a Policía Local nun comunicado, os feitos tiveron lugar este luns ao redor das 9,20 horas, cando unha patrulla observou como un home circulaba cun VMP por unha beirarrúa da zona Camelias a unha velocidade moi superior á dos peóns.

Tras darlle o alto, os axentes ordenáronlle identificarse. Ademais, debido a que sospeitaron que se podía atopar baixo a influencia de sustancias estupefacientes, realizáronlle as probas correspondentes, que arroxaron resultados positivos en opiáceos e anfetaminas. Por estes motivos, os policías cursaron unha sanción administrativa e inmobilizaron o vehículo, que posteriormente foi trasladado ao depósito municipal.

MENORES FUXIDOS

Por outra banda, este luns ao redor das 00:58 horas, recibiuse aviso de que dous menores fuxidos atopábanse na zona de Coia. Ao parecer, estes abordaran ao requiriente para que notificase a súa situación á Policía co obxectivo de ser recolleitos. Despois de que os axentes se desprazaran ao momento de espera indicado, observaron como dous mozos fuxían en direccións opostas para eludir á unidade.

Finalmente, localizouse a un deles no centro comercial Alcampo. Este atopábase indocumentado, aínda que se identificou como J.G.C., nacido na Coruña e de 17 anos. Ao parecer, fuxiuse do centro de menores Montealegre de Ourense Os policías verificaron telematicamente que constaba unha orde de protección de persoas por menor fuxido de centro de garda/tutela e trasladárono a dependencias policiais para a súa plena identificación.

Ademais, nunha das saídas de seguridade do centro comercial Gran Vía, localizaron ao segundo novo, que, despois de que fuxir de novo, foi interceptado. Tras comprobar que se trataba dun menor de 16 anos, I.R.N., que se fuxiu do mesmo centro que o anterior, realizáronse os trámites correspondentes para o reingreso de ambos.

ÚLTIMAS

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...

Un xulgado de Vigo falla contra a Sareb e permite a un veciño de Privada Moderna quedar no seu piso

A praza 7 da Sección Civil do Tribunal de Instancia de Vigo fallou en...