InicioEconomíaPeinador rexistra unha caída do 1,8%, situación que contrasta coa dos outros...

Peinador rexistra unha caída do 1,8%, situación que contrasta coa dos outros aeroportos galegos

Os tres terminais galegas rexistran un aumento en xuño con respecto a este mes en 2018, sendo Alvedro a de maior subida (+17,5%).

PUBLICADO O

- Advertisement -

O aeroporto de Vigo rexistrou un total de 495.306 pasaxeiros na primeira metade do ano, o que supón unha caída do 1,8% en comparación ao primeiro semestre do ano pasado.

Con todo, tomando como referencia o mes de xuño, esta terminal galega – ao igual ca Lavacolla e Alvedro – melloraron os seus datos. Deste xeito, con 90.194 pasaxeiros no mes de xuño, rexistra un crecemento interanual, cifrado nun 2,9%. A gran maioría dos viaxeiros (90.175) usaron voos comerciais: 88.260 nacionais e 1.915 internacionais.

Peinador operou no sexto mes do ano 938 voos, un 2,1% menos, dos cales 820 foron comerciais. Destes, 749 foron nacionais e 71 internacionais. Ademais, a terminal de carga do aeroporto superou as 28,5 toneladas de mercadoría.

Esta situación constrasta coa que se vive noutros aeroportos galegos. O aeroporto da Coruña rexistrou na primeira metade do ano un total de 647.144 pasaxeiros, o que supón un 10,7% máis que no mesmo período de 2018.

Tamén rexistra un aumento (3,9%) de viaxeiros entre xaneiro e xuño a terminal de Santiago, con máis de 1,3 millóns de usuarios. A de Alvedro é, tamén neste ámbito, a que rexistra un aumento superior, con 125.605 pasaxeiros durante o sexto mes do ano, un 17,5% máis.

ÚLTIMAS

O primeiro premio da Lotaría Nacional, dotado con 600.000 euros, cae no Porriño

O primeiro premio do sorteo da Lotaría Nacional celebrado este sábado, 19 de abril,...

Piden sete anos de cárcere para un home acusado de vender droga no bar que rexentaba en Vigo

Piden sete anos de cárcere para un home acusado de vender droga no bar...

Desmantelan en Mos unha festa rave

A Garda Civil de Pontevedra, a través do Grupo de Información da súa comandancia, informou sobre...

Rescatan a varios veciños dun edificio en chamas en Vigo

Os Bombeiros de Vigo rescataron a varios veciños dun edificio en Vigo no que...