InicioPolíticaO Concello de Vigo destinará os 1,1 millóns de euros da subvención...

O Concello de Vigo destinará os 1,1 millóns de euros da subvención de Ryanair a festas municipais

Así se aprobou este luns cos votos en solitario do Grupo Municipal Socialista durante un pleno extraordinario convocado para tal fin.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Vigo destinará 1,1 millóns de euros procedentes da subvención destinada a Ryanair, que debido ao abandono por parte desta compañía da prestación de servizos no aeroporto de Peinador non se utilizou, á celebración do festival O Marisquiño e demais festas municipais.

Así se aprobou este luns cos votos en solitario do Grupo Municipal Socialista durante un pleno extraordinario convocado para tal fin. En cambio, o Grupo Mixto (no que se integra a formación Marea de Vigo-Son En Común) e o concelleiro non adscrito, Xabier P. Igrexas, abstivéronse.

Mentres, o Grupo Municipal Popular situouse en contra ao considerar, segundo trasladou o seu portavoz, Alfonso Marnotes, que esta iniciativa debería levarse a cabo na anterior lexislatura.

Así, o edil ‘popular’ criticou que esta modificación se abordase no mes de xullo debido á proximidade da data do evento e á vez que levará a tramitación da transferencia de crédito entre as distintas áreas de gasto.

PLENO CONSTITUTIVO

Así mesmo, este luns tivo lugar un pleno extraordinario constitutivo no que se acordou, cos votos en solitario do Grupo Municipal Socialista, que as sesións da corporación municipal se celebrarán os últimos mércores de cada mes.

Ademais, constituíronse o Grupo Municipal Socialista, o Grupo Municipal Popular, o Grupo Mixto (no que se integran os dous concelleiros de Marea de Vigo-Son En Común) e designouse ao concelleiro do BNG, Xabier P. Igrexas, como non adscrito dun modo provisional.

Precisamente, Igrexas anunciou a semana pasada a presentación dun recurso ao entender que a súa formación e a de Marea de Vigo debían ter dereito a contar cun grupo municipal propio. Durante o pleno, o portavoz do Grupo Municipal Socialista, Carlos López Font, lembrou que non alcanzan o tres edís marcados como mínimo polo regulamento do pleno para contar cun grupo municipal.

CRÍTICAS DA OPOSICIÓN

Así mesmo, o portavoz do Grupo Mixto, Rubén Pérez, denunciou que a asignación por grupo municipal se reduciu a 1.500 euros e, en cambio, incrementouse a retribución ligada ao número de concelleiros.

A ese respecto, o portavoz ‘popular’ coincidiu con Pérez e tamén denunciou que esta modificación beneficia ao Grupo Municipal Socialista, que suma 20 concelleiros, e prexudica aos da Oposición. A maiores, Marnotes criticou que a maior parte do persoal eventual fose asignado ao grupo que ostenta o goberno local, así como que 11 dos seus concelleiros conten con dedicación exclusiva.

Rubén Pérez denunciou a cantidade de espazo asignada á súa formación, que considera insuficiente, mentres que Xabier P.Igrexas lembrou que non se lle concedeu ningún despacho.

En canto ao nomeamento de membros da Corporación no Organismo Autónomo Xerencia Municipal de Urbanismo e no Padroado Quiñones de León, aprobouse que estea composto por catro membros do Grupo Municipal Socialista e un do Grupo Municipal Popular. Ademais, a Comisión Paritaria de seguimento do convenio tamén contará con catro compoñentes socialistas e un ‘popular’.

ÚLTIMAS

O impacto do exfuracán Kirk: ventos de case 150km, tellados e árbores caídas e inundacións

O exfuracán Kirk, xa convertido en borrasca, deixa en Galicia nas primeiras horas deste...

Air Europa cancela os seus voos entre Vigo e Madrid pola borrasca

09/10/2024    10:40H A conpañía aérea anunciou na súa páxina web que quedan cancelados os voos...

Condena de 18 anos de prisión por abusar da filla menor dun amigo

A sección primeira da Audiencia Provincial da Coruña condenou a 18 anos e nove...

Un home detido en Vigo por agredir á súa filla e insultar e ameazar á súa muller

Un home, J.C.B.P. de 77 anos de idade, foi detido na tarde deste pasado...