InicioSociedadeA CUT denuncia que o Concello de Vigo cobre a falta de...

A CUT denuncia que o Concello de Vigo cobre a falta de bombeiros con persoal en prácticas por 500 euros

Con todo, asegurou a CUT, esta ducia de novos efectivos foi incluído no decreto de prestación de servizos, sen recibir esa formación, sen ser nomeados funcionarios de carreira e sen que saiban sequera cal é "situación laboral, salarial ou de seguridade".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O sindicato CUT denunciou este mércores que o goberno municipal de Vigo trata de paliar o déficit de persoal no servizo de bombeiros incorporando a funcionarios en prácticas, aos que esixe a mesma capacidade operativa que ao resto de persoal, a pesar de que cobran só 500 euros e de que non recibiron a formación adecuada.

A través dun comunicado, o sindicato lembrou que estes novos bombeiros, tras aprobar a oposición, tiñan un prazo de tres meses para recibir a formación obrigatoria para desempeñar o servizo, antes de incorporarse de forma progresiva e tutelada aos seus labores.

Con todo, asegurou a CUT, esta ducia de novos efectivos foi incluído no decreto de prestación de servizos, sen recibir esa formación, sen ser nomeados funcionarios de carreira e sen que saiban sequera cal é “situación laboral, salarial ou de seguridade”.

Segundo incidiron, estes funcionarios en prácticas deben realizar saídas, igual que o resto de bombeiros, mesmo en primeira intervención, a pesar de estar “discriminados salarialmente”, posto que só cobran 500 euros ao mes, e todo iso para paliar a falta de persoal neste servizo.

Por outra banda, a CUT tamén cuestionou o convenio asinado entre o alcalde, Abel Caballero, como presidente da FEMP, e a ministra de Defensa en funcións, Margarita Robles, para a incorporación de militares ás Policías Locais, e trasladaron a súa sospeita de que se queira usar este acordo para levar a cabo unha “cacicada” e cubrir postos “saltándose os requisitos que require un servizo público”.

ÚLTIMAS

Arde un prototipo creado por estudantes na Escola de Enxeñaría Industrial de Vigo

Un incendio nun garaxe anexo da Escola de Enxeñaría Industrial de Vigo, no campus...

Disputa familiar nas redes sociais mobiliza ás forzas de seguridade

A Garda Civil investiga a unha decena de persoas das zonas de Vigo e...

Falece Seve, figura esencial da cultura popular e musical do Porriño e comarca

A comarca do Condado e da Louriña amenceu hoxe envolta nunha fonda tristura tras...

Un home de 67 anos, ferido grave tras ser atropelado por un bus urbano

Un home, M.Z.A. de 67 anos de idade, resultou ferido grave na tarde deste...