InicioSociedadeA federación veciñal de Vigo recolle sinaturas pedindo vivenda pública para emerxencias...

A federación veciñal de Vigo recolle sinaturas pedindo vivenda pública para emerxencias sociais

A presidenta da Federación lamentou que non haxa unha alternativa habitacional para as familias que, por falta de pagamento ou por resolución de contrato, quedan "na rúa".

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Federación de Asociacións Veciñais de Vigo ‘Eduardo Chao’ iniciará unha campaña de recollida de firmas para reclamar ao Concello olívico e á Xunta de Galicia a posta en marcha dun parque de vivendas públicas para casos de emerxencia social.

Así o explicou en rolda de prensa a presidenta da Federación Veciñal, María Pérez, quen advertiu de que os casos de desafiuzamentos na cidade olívica están a incrementarse, e que as familias con escasos ingresos ou que cobran unha Risga son especialmente vulnerables, porque “ninguén lles aluga” unha vivenda e, ademais, non poden asumir o elevado custo do mercado de aluguer.

María Pérez asegurou que, cada poucos días, hai familias que chegan ás oficinas da Federación pedindo axuda, polo que instou ás administracións a actuar ante o “grave problema” que afecta a Vigo, xa que “a Federación non é unha inmobiliaria” e non pode axudar na medida en que lle gustaría.

A presidenta da Federación lamentou que non haxa unha alternativa habitacional para as familias que, por falta de pagamento ou por resolución de contrato, quedan “na rúa”. “Facilitarlles unha pensión durante uns días non é unha solución. Teñen nenos pequenos, teñen as súas pertenzas, as súas mascotas,....”, lembrou.

Por iso, instou ao Concello a pór en marcha un parque de vivendas públicas, e lamentou que o goberno de Abel Caballero non subscribise o convenio de vivendas baleiras da Xunta.

No caso de que non haxa resposta do goberno municipal, a Federación reclama que sexa a Xunta a que tome medidas, á vez que lembrou que, só en 2018, “case medio milleiro de familias” tiveron que abandonar as súas vivendas de aluguer na cidade por non poder facer fronte ao pago das mensualidades.

ÚLTIMAS

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...