InicioSociedadeA reforma da Gran Vía de Vigo supoñerá restricións de tráfico a...

A reforma da Gran Vía de Vigo supoñerá restricións de tráfico a partir do 25 de xuño

pecharase ao tráfico o tramo descendente de Gran Vía entre as rúas Venezuela e Brasil.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O inicio, esta semana, das obras de humanización da Gran Vía de Vigo, obrigará a adoptar medidas de restrición de tráfico, que se alongarán durante a execución dos traballos, fóra das semanas de campaña do Nadal para non prexudicar ao comercio e ao turismo.

Así o ha traslado en rolda de prensa o alcalde, Abel Caballero, quen explicou que, a partir do 25 de xuño, se pechará ao tráfico o tramo descendente de Gran Vía entre as rúas Venezuela e Brasil. Deste xeito, tanto o tráfico descendente como o ascendente faranse polos carrís que agora se utilizan só para subir a rúa.

O rexedor lamentou que as obras de humanización desa rúa non se poidan facer “todas de vez”, e así minimizar tamén a afección ao tránsito rodado, e atribuíu ese inconveniente á Xunta de Galicia, que “interferiu (nas obras) por motivos políticos”.

A reforma da rúa “vaise a facer igual”, incidiu Caballero, quen cualificou a negativa da Xunta (por cuestións de conservación de patrimonio) a autorizar a obra no tramo baixo de Gran Vía, como un “van intento” de frear esa “humanización”.

O alcalde lembrou que esta obra ten un orzamento de algo máis de 5 millóns, que conta con financiamento europeo e que incluirá a instalación de ramplas eléctricas para facilitar a mobilidade, renovación de saneamento, abastecemento e iluminación, instalación de máis elementos vexetais (retiraranse as árbores do bulevar e reporanse ao finalizar os traballos, ademais de novos exemplares), etc.

ÚLTIMAS

A Policía de Vigo mantén abertas todas as liñas de investigación polo incendio dun edificio en Cesáreo González

A Policía Nacional de Vigo investiga "con todas as liñas abertas" o incendio ocorrido...

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...