InicioPolíticaO BNG de Vigo aconsella a Caballero que poña en marcha 20...

O BNG de Vigo aconsella a Caballero que poña en marcha 20 das súas propostas para “mellorar Vigo”

PUBLICADO O

- Advertisement -

O BNG presentou este venres en rolda de prensa un conxunto de 20 medidas que expón ao goberno municipal de Vigo para a súa aplicación nos primeiros cen días de mandato, e que inclúen propostas como iniciar a redacción dun novo regulamento de participación cidadá, tramitar a cesión de pisos da Sareb para facer un parque municipal de vivendas, ou pór en marcha unha renda social municipal.

Segundo explicou en rolda de prensa o concelleiro electo do BNG, Xabier Pérez Igrexas, trátase de “propostas en positivo” que inciden en “problemas reais” dos veciños de Vigo e que non foron atendidas nos últimos anos.

Así, o BNG propuxo iniciar a redacción dun novo regulamento de Participación Cidadá, que inclúa a creación de consellos veciñais; demandar á Sareb a cesión de uso de pisos baleiros para crear un parque municipal de vivendas; iniciar o proceso para pór en marcha unha renda social municipal en 2020; comezar a elaboración de proxectos para 3 novas escolas infantís; ou tomar medidas para paliar o colapso no departamento municipal de Servizos Sociais.

Os nacionalistas tamén propoñen un plan de choque contra o desemprego xuvenil; modificar as ordenanzas para implementar unha “fiscalidade municipal xusta”, para que os impostos gañen en progresividad; ou apostar polos orzamentos participativos.

Ademais, o BNG expón iniciar a redacción dun novo Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), coa “máxima transparencia e participación veciñal”; abrir o Centro de Arte Fotográfica do Casco Lanuxe; iniciar a elaboración dunha ordenanza de protección animal; ou crear un programa de información e atención ao colectivo LGTB, entre outras medidas.

ÚLTIMAS

Evacuada unha pasaxeira ferida do buque oceanográfico vigués Sarmiento de Gamboa

Unha persoa que navegaba no buque oceanográfico Sarmiento de Gamboa resultou ferida mentres realizaba...

Vigo reclamará a Audasa máis de 138.000 euros polo IBI da AP-9

O Concello de Vigo reclamará á concesionaria da AP-9, Audasa, o pagamento de 138.345...

O TSXG revisa este luns a condena de 13 anos e medio polo crime de Coia

A Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia celebrará...

Sanidade licita por 284.000 euros reactivos clave para transplantes no Hospital Meixoeiro

A Xunta de Galicia, a través do Servizo Galego de Saúde (Sergas), publicou no...