InicioPolíticaO candidato de Marea de Vigo pide "perder o medo" ante as...

O candidato de Marea de Vigo pide “perder o medo” ante as “ameazas” e o “clientelismo”

"Perdamos o medo, non pasa nada porque non lle riamos as grazas ao alcalde, ou porque un alcalde non estea en todas partes" di Rubén Pérez.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O candidato de Marea de Vigo á Alcaldía, Rubén Pérez, pediu aos cidadáns que “perdan o medo” a coller a papeleta desta formación e que a apoien para construír unha maioría alternativa de esquerdas na cidade, cun programa electoral que promete converter en “un contrato social”.

Así o expresou Rubén Pérez nun acto celebrado ante máis de 200 persoas na Estación Marítima de Vigo, e no que os membros da candidatura contaron co respaldo do secretario xeral de Podemos, Pablo Iglesias.

O candidato de Marea de Vigo iniciou a súa intervención no mitin facendo mención expresa á folga “histórica” dos traballadores da planta de PSA Peugeot Citroën, e expresando tamén o seu respaldo os bombeiros municipais, que piden máis medios e algúns de cuxos representantes estiveron no acto. “Por fin alguén en Vigo perde o medo, e son os traballadores”, sentenciou, e pediu “que Vigo perda o medo por fin”.

“Perdamos o medo, non pasa nada porque non lle riamos as grazas ao alcalde, ou porque un alcalde non estea en todas partes, ou se cando un político baila lanzámoslle un tomate, porque hai moita xente que o pasa mal”, proclamou o candidato de Marea de Vigo, que prometeu conxurarse con outras forzas de esquerda a nivel nacional para que Abel Caballero “non volva ser presidente da FEMP”.

CONTRATO SOCIAL

O candidato de Marea de Vigo utilizou a ironía para responder a quen afirman que o alcalde olívico representa “ao PSOE máis forte” en España. “Só faltaría, cos miles e miles de euros metidos nos medios de comunicación, ou coas ameazas ao movemento veciñal… pero as maiorías non se poden construír con medo ou clientelismo”, afirmou.

Rubén Pérez, por outra banda, valorou que, nestes comicios locais, a súa candidatura conte coas “as dúas patas que faltaban, Podemos e Equo”, e pediu “non perder nunca esa riqueza no debate político“, á vez que prometeu converter o seu programa electoral, elaborado con achegas de veciños e colectivos, nun “contrato social” cos vigueses.

ÚLTIMAS

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...